Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Fato pra unha Galiza ceibe e socialista

  • AE-SU-FaGaCe
  • Entidade colectiva
  • 196? (Non existe na actualidade)

O Fato pra unha Galiza ceibe e socialista constituíuse en Xenebra para incorporar aos emigrantes galegos favorables ao dereito á autodeterminación dos pobos.

Os seus obxectivos son:

  • Preparar a emigración galega sobor dos problemas da súa terra e do seu pobo con miras a que o día que volten continúen a loita pola liberación do noso pobo.
  • Axudar de tódalas maneiras posibles á loita dos nosos compañeiros do interior.
  • Informar e traballar a opinión do mundo enteiro sobor da existencia do pobo galego, da Nación galega, da súa explotación polo centralismo e o feixismo, e da situación colonial na que o noso pobo atópase.

Federación agraria residentes del distrito de la Estrada

  • AE-AR-FEst
  • Entidade colectiva
  • 1915-02-28 ata 1943-10-23, ano da súa fusión coa "Unión Estradense", dando lugar a unha nova entidade, o "Centro cultural del partido de la Estrada"

Esta sociedade de emigrantes estradenses residentes en Bos Aires, foi fundada coa finalidade de conseguir fondos para a construción dun edificio na vila da Estrada, que sería a sede da Federación agraria da Estrada. Ademais tiñan como obxectivo prioritario loitar a prol do agrarismo e da instrución na súa terra natal. Entre os seus promotores estaban os agraristas Francisco Miguens Rey, presidente social en varios períodos, José Verde Limeses, José M. Abraira e Andrés Camiño.
En 1919 conseguen construír un edificio na rúa Lima, da capital bonaerense, onde se radicou a súa sede social, que contaba con varias oficiñas para xestionar unha bolsa de traballo que ofertar aos socios, ademais dun consultorio xurídico en caso de necesidade. Crea tamén unha escola nocturna para os socios e unha biblioteca social.
Organizaba diversas actividades para conseguir fondos que enviar á súa terra natal para a construción ou mantemento das escolas creadas na súa vila; tamén para axudar economicamente a diversas causas agraristas e anticaciquís, na defensa do campesiñado.
En 1922, prepara un gran festival artístico e danzante a beneficio da casa-escola que se está a construír na parroquia de Loimil (A Estrada). Na década dos anos 20 mandan a súa terra diversas axudas económicas para a construción e mantemento das escolas de Olives, Paradela-Barbude, Arnois, ademais da xa citada de Loimil..
En 1920, promoven a publicación dun voceiro social baixo o título de "La Libertad".
O 23 de outubro de 1943 apróbase a fusión das sociedades "Federación agraria de la Estrada" e "Unión Estrandese", creando unha nova entidade baixo a denominación "Centro cultural del partido de la Estrada".

Federación de asociaciones españolas en la República Argentina

  • AE-AR-FAE
  • Entidade colectiva
  • 1920. Non existe na actualidade.

Esta entidade federativa foi creada para lograr a unión das numerosas sociedades de emigrantes españois existentes na república arxentina. Xuntos poderían axudar e xestionar mellor todos os problemas que lle xurdisen as distintas entidades para acadar os seus obxectivos e beneficiar aos seus socios.
En 1922, 118 destas sociedades formaban parte da citada federación.
Cada ano celebraban un congreso no que se discutía a súa política común e se tomaban decisións de cara a mellora dos emigrantes españois no país.

Federación de Centros Españoles de Venezuela

  • AE-VEN-FECEVE
  • Entidade colectiva
  • 1974-10-25 ata a actualidade

Definida como "único órgano social privado, con personería jurídica propia, que se dedicaría a solicitar y defender los intereses y beneficios que por ley corresponden a todos los españoles en Venezuela" (Félix Barbero Alonso, presidente de FECEVE).

A Feceve fundouse o 25 de outubro de 1974, representa ao colectivo organizado en torno a centros, asociacións, entidades e fundacións, provinte das distintas comunidades autónomas españolas e, dentro do posible, ao non organizado, residente en Venezuela ante gobernos, organizacións e organismos públicos e privados de España, Europa e Venezuela.

Ten entre os seus obxectivos a loita polo benestar social da comunidade española en Venezuela, a través da labor social e cultural, así como manter a unidade da comunidade e defender os seus intereses.

Federación de centros gallegos de Castilla y León

  • AE-ES-FCGCasLe
  • Entidade colectiva
  • 1994-05-28 ata a actualidade

A Federación de Centros Gallegos de Castilla y León créase no ano 1994. Nel se integran todos os centros da comunidade castellano-leonesa, cos seguintes fins estatutarios:

  • Promover e establecer nexos de unión e vínculos de cooperación e solidariedade entre as sociedades galegas asentadas en Castela e León.
  • Salvagardar os intereses de todos e cada un dos compoñentes, colaborando colectivamente na resolución dos problemas que podan plantexarse.
  • Promover o coñecemento de Galicia, en orden á súa Lingua, Cultura, Historia, Xeografía, Gastronomía, Folklore y demais peculiaridades.
  • Manter un contacto cordial con todas as sociedades galegas do mundo, así como cos demais centros rexionais y federacións existentes.
  • Coordinar e canalizar as relacións con todos os organismos estatais e autonómicos, tanto públicos como privados, especialmente coa Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León
  • Apoiar toda iniciativa en favor da creación de sociedades galegas cuxas finalidades sean acordes co espíritu desta Federación.
  • Tratar de velar pola realización de cantos actos tendan á exaltación dos valores culturais, éticos, espirituais e materiais dos fins propios.
  • Queda excluida expresamente dos fins desta federación cualquera actividada política ou sindical.

Desde a fundación celébrase o Día de Galicia en Castela e León como actividade fundamental que reúne aos socios de todas as entidades que a integran.

Cada ano, de forma rotatoria, ten lugar o evento na localidade onde ten a sede o centro que se encarga da organización da celebración.

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

  • AE-ES-FECGC
  • Entidade colectiva
  • 1988 ata a actualidade

Dende a súa fundación o ano 1988 esta federación está integrada por catorce centros galegos de toda Cataluña: Irmandade Galega "O noso Lar" de Tarrasa; "Saudade", sociedad cultural galega de Barcelona; Asociación cultural "Toxos e Xestas" de Barcelona; Irmandade "A nosa Galiza" de Mollet; Asociación cultural "Nós" de Sabadell; Asociación cultural "Rosalía de Castro" de Cornellá; Casa Galega de Font-Trobada de Barcelona.
Nos seus Estatutos aparecen as súas finalidades: agrupar ás asociación culturais galegas da comunidade catalana, fomentando as relacións cordiais entre as mesmas; representalas ante os órganos públicos e privados nas súas demandas; potenciar a celebración de actos culturais e folklóricos conxuntamente e promover a organización de estudios e congresos. Organízanse para facer o Día das Letras Galegas e a Festa de Santiago e Día de Galicia conxuntamente.

Federación de instituciones españolas de Uruguay

  • AE-UR-FEs
  • Entidade colectiva
  • 1967-08-12 ata a actualidade

Esta Federación de asociacións de emigrantes españois no Uruguai foi creada no ano 1967 para reunir e coordinar as actividades destas institucións que non tiñan un organismo común que as agrupara. Traballa pois pola unidade destas asociacións, difundindo e promovendo a cultura e os costumes españois entre os socios, como tamén entre aqueles descendentes que residen no Uruguai, co obxectivo de manter vivas as súas creenzas e tradicións.
Entre os seus fitos máis relevantes a nivel internacional cabe destacar a organización do Primer Congreso de Instituciones Españolas del Cono Sur; tamén a concesión do Premio Colón, prestixioso galardón co que anualmente se distingue a unha persoa ou institución con méritos na súa traxectoria a favor da colectividade española. Este trofeo entrégase o Día da Hispanidade, conmemoración que tamén comprende a organización e presenza nos actos oficiais que se celebran neste día.
Un dos seus retos actuais é acadar a reintegración de institucións que por diferentes motivos xa non están federadas, creándose un pequeño cisma que deberá ser superado para volver a ter unha institución que aglutine a todos os clubes españois do Uruguai, xa que é a única federación da colectividade que integra aos dezanove departamentos da República.

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

  • AE-AR-FRTeo
  • Entidade colectiva
  • 1909-11-26. Non existe na actualidade.

Esta federación acolle ás sociedades de emigrantes naturais das parroquias de Luou, Calo, Cacheiras, Recesende e de Oza, todos eles residentes de Bos Aires. Defende posturas agraristas e a prol da instrución de Galicia, apoiando dende Arxentina, económica e moralmente, as actividades dos sindicatos agrarios da súa terra natal.
Entre os seus fundadores podemos destacar a José M. Iglesias, primeiro presidente social; Manuel Lueiro, Manuel Liñares, Avelino Sixto, José López e Jacinto Rodríguez, entre outros.
En 1911 editan o boletín oficial da entidade baixo o nome de "Teo"; nas seguintes décadas, tamén financiou as publicacións "El Eco de Teo", "Hércules" e "Unión de Teo y Vedra".

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

  • AE-AR-FSE
  • Entidade colectiva
  • 1962 ata a actualidade.

Esta entidade foi creada en 1962, ano no que concurriron varias efemérides hispanas en Bos Aires, (como a celebración duns xogos florais creados por Gerardo Diego e a participación do buque español "Canarias" nas celebracións do 150º aniversario da Revolución de Mayo), que exaltaron o ánimo patriota de numerosas sociedades de emigrantes españois residentes na Arxentina.
Integraron esta nova entidade as seguintes institucións: Centro Región Leonesa, Riojano Español, Numancia, Navarro, Astur Argentino, Madrid, Archipiélgao Canario, Ávila, Círculo de Aragón, Hogar Andaluz, Cangas de Narcea, Asturiano de Lanues, Instituto Argentino Hispánico, Villaviciosa y su concejo, Zamorano, Burgalés, Montañés, Hogar Asturiano, Salamanca, Maragato, El Micalet, Cruzados de Santiago Apóstol, Juventud Siero y Noreña, Asociación Laredana, Heraldo de Asturias y Agrupación Covadonga. Anos máis tarde se irán incorporando outros centros como o "Centro Galicia" ou o "Hogar Gallego para Ancianos", sendo na actualidade socios 57 sociedades españolas.
Un dos seus máis destacados presidentes e promotor da creación da Federación foi Donato Aumente Flórez.
Tivo un papel destacado na celebración na Arxentina do Vº Centenario do descubrimento de América en 1992.

Federación de Sociedades Españolas de Cuba

  • AE-CU-FSEC
  • Entidade colectiva
  • 1956-10-05 ata a actualidade

Esta sociedade fundouse o 5 de outubro de 1956 na cidade da Habana. Ten como tarefa principal a coordinación das relacións das sociedades españolas, membros da federación co Estado Español. Na súa fundación estiveron presentes moitas sociedades galegas que aínda existen en Cuba como "El Valle de Lemus", "Hijos del Ayuntamiento de la Estrada", "Hijos del Ayuntamiento de Buján", "Hijos del Ayuntamiento de la Golada", "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido", "Antes y Pila Ancha", "Unión Mañonesa", "Partido Judicial de Arzúa", "Juventud de Baleira y su comarca", "Hijos del Ayuntamiento de Abadín", "Emigrados de Riotorto", "Hijos del Ayuntamiento de Capela", "Vivero y su comarca", "Unión Villalbesa y su comarca", "El Valle de Oro", "Monterroso y Antas de Ulla", "Rosalía de Castro", "Club Chantada y su partido", "Hijos del ayuntamiento de Cospeito", "La Aurora de Somozas", "Sociedad San Claudio", "Roupar y Losada", "Valdeorras y Viana", "Agrupación Artística Gallega", "Chantada, Carballedo y sus comarcas", "Unión Orensana, Calo y Viduido", "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", "Liga Santaballesa", "Progreso de Coles", "Hijos del Valle del Ulla", "Unión Mugardesa", "Unión Barcalesa", "Hijos del Ayuntamiento de Pastoriza", "Ferrol y su comarca", "Unión Trivesa", "Hijos del Partido de Lalín", "Hijos del Partido Judicial de Corcubión"e "Sociedad Concepción Arenal".

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

  • AE-SU-FSGS
  • Entidade colectiva
  • 1980-11-29 ata a actualidade

A Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) creouse na cidade suíza de Olten en novembro do ano 1980. O seu propósito era agrupar a maior cantidade posible de centros galegos e obter así a forza necesaria para unha mellor defensa dos “intereses que lles son propios”.

As 10 sociedades constituíntes foron:

  • A Nosa Galiza (Xenebra)
  • Centro Peña Galega (Lausanne)
  • Irmandade Galega na Suiza (Xenebra)
  • Peña Galega (Le Sentier)
  • Centro Galego (Sión)
  • Centro Galego (Val do Rhin)
  • Sociedade Galega Sementeira (Basilea)
  • Promoción da Cultura Galega (Zürich)
  • Casa de Galicia (Martigny)
  • A Nosa Casa Galiza (Berna)

A composición da FSGS sufriu variacións ó longo da súa existencia, xa que algúns centros desapareceron e tamén se produciron altas e baixas. Asimismo, formaron parte da Federación o: Centro Galego (Lausanne), Centro Galicia (Olten), Centro Galego (Lucerna), Grupo Galego (Aarau), Centro Galego A Nosa Terra (Zug), Centro Galego (Berna), Galicia Hoxe (Xenebra) e Promoción da Cultura Galega (Lausanne), entre outros.

Nos seus primeiros Estatutos, redactados en galego e aprobados o 26/05/1985, constituíron a sede social na rúa de la Servette, nº 91 da cidade de Xenebra. En 1989 e durante a celebración do IV Congreso da Federación modificaron os Estatutos iniciais logo das experiencias organizativas e de funcionamento verificadas desde a súa fundación. Unha modificación importante refírese precisamente á ubicación do domicilio que será no domicilio da sociedade que neses momentos lles corresponda á Secretaría da Federación.

Os obxectivos polos que foi creada a FSGS son:

  • Defende-los “valores históricos” de Galicia, a lingua, a cultura, o arte e o folclore.
  • Lograr un maior achegamento e unión de tódolos centros galegos da Suíza.
  • Reforzar as relacións coas demais asociacións galegas e non galegas.
  • Defender os dereitos do emigrante e tratar de mellorar as súas condicións de vida.

Segundo o art. 6 dos Estatutos, a FSGS realizará as seguintes actividades:

  • Estudios e publicacións sobre cuestións da cultura galega e do asociacionismo cultural.
  • Elaborar proxectos para a solución dos problemas plantexados polas entidades federadas.
  • Fomentar a creación de sociedades culturais.
  • Organizar congresos, seminarios, conferencias, coloquios, cursos...
  • Realizar e promover actividades culturais, deportivas e recreativas.

No ano 1993 publican o primeiro número da revista “Diáspora”, que recolle artigos culturais de interese así como un resumo das actividades previstas a desenvolver no seo da Federación. Tamén dá conta da incorporación á Federación do Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” e especifican que nese momento eran 12 os centros asociados.

Cada ano organizan actos con motivo do Día das Letras Galegas e do Día da Patria Galega e unhas xornadas culturais no mes de outubro.

Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descendientes

  • AE-CU-FSGC
  • Entidade colectiva
  • 1992-01-5 ata a actualidade

A súa data de constitución foi o 5 de xaneiro de 1992, e practicamente todas as sociedades galegas existentes hoxe en Cuba forman parte desta sociedade.
As súas actividades na cidade da Habana céntranse na atención xurídica e informativa ao emigrante que acude ás súas oficiñas para solicitar pensións, trámite de axudas para alimentos, mediciñas, etc. Teñen ademais constituída unha comisión para visitar enfermos e valorar as súas necesidades. Como actividades culturais destaca a súa colaboración en programas de radio e organización de ciclos de cine e de conferencias.

Resultados 681 a 700 de 1750