Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

  • AE-CUB-HCed
  • Entidade colectiva
  • 1921-06-25 ata a actualidade

Esta entidade de instrución y beneficencia foi fundada o 25 de xuño de 1921 polos naturais do concello de Cedeira que emigraran á cidade da Habana. O seu fin primordial foi o de axudar aos seus paisanos na terra natal a construír unha escola para fomentar a instrución dende a pedagoxía moderna. Os seus esforzos van tamén encamiñados na procura da unión entre os seus connaturais residentes na illa de Cuba.

O vicepresidente da entidade, Manuel Rodríguez López, fixo entrega dun préstamo de cen pesos e doou o solar gratuitamente para facer a Casa-Escola de Piñeiro. En 1925, con motivo da colocación da primeira pedra do edificio escolar, organizan un festival para o cal recadan fondos entre os membros da sociedade. A inauguración do novo centro tivo lugar en 1927.

A súa primeira Directiva estivo integrada por: Juan Pego Martínez, como presidente; vicepresidente, Manuel Rodríguez López; secretario, Enrique García Fraguela; vicesecretario, José Piñón Crego; tesoureiro, Manuel García Sanjurjo; vicetesoureiro, Feliciano Muíño Fraguela; vocais: José Aneiros Casal, José Gundín Piñón, Juan López, Faustino Pegueiras Barro, Manuel Villadóniga Rodríguez, Antonio Freire Rey, José Candales Rey, Eduardo Couto, Victoriano Pernas Pérez, Antonio Pernas Pérez, Francisco Martínez García, Vicente Peñón Crego, Paulino Díaz García, José Pita.

Hijos del ayuntamiento de Carnota

  • AE-AR-HACar
  • Entidade colectiva
  • 1934-09-01 ata 1953, ano no que se integran en "Unión Muradana"

Esta sociedade, recreativa e mutualista, foi fundada por un grupo de emigrantes galegos, naturais do concello de Carnota, residentes na Arxentina. Fernando Siaba, foi un dos seus fundadores.
Nos anos 40 edita como voceiro social a publicación "Vida Carnotana".
No ano 1953 integránse na "Unión Muradana", da que forman parte todas as sociedades de residentes do partido xudicial de Muros en Bos Aires.

Hijos del Ayuntamiento de Capela. Sociedad de instrucción, recreo y protección al asociado

  • AE-CU-HCap
  • Entidade colectiva
  • 1928-08-12 ata a actualidade

Esta sociedade foi fundada o 12 de agosto de 1928 na Habana polos naturais das parroquias de Pedrodeume, Bermui e Faeira, do concello de A Capela residentes na illa de Cuba. A iniciativa xurdíu de tres destes emigrantes: Manuel Anca Grueiro, Alejandro Hermida Grueiro e Juan López Formoso.
Os seus obxectivos foron o fomento da instrución na súa terra natal e a mutualidade para os seus socios.
En 1930 apoian unha campaña ante a Deputación da Coruña a favor da construción da estrada de Ribadeume a Permui. Na cidade da Habana destacaron as súas actividades de carácter social: auxilios económicos por enfermidade e visitas aoss socios enfermos ademáis de actividades recreativas: organización de festivais para conseguir fondos e arranxar panteóns sociais.
Ao longo da súa historia esta sociedade estivo presidida por: Francisco Grueiro Rivera, Baltasar Antón Tenreiro, Andrés Fernández Moré, Antonio Barro Cabarcos, Danivel Vázquez Gayoso, Rosendo Caveiro Meizoso, Fermín Corral Adega, Antonio Carballo Fernández, Manuel Anca Grueiro, Armando Mon López; desde 1988 é presidente da entidade Oscar Olimpo Machado Naranjo.

Hijos del Ayuntamiento de Buján, Sociedad de instrucción, beneficencia y recreo

  • AE-CU-HBuj
  • Entidade colectiva
  • 1921-03-05 ata a actualidade

Esta sociedade foi fundada na Habana o 5 de marzo de 1921 polos emigrantes da parroquia de Santiago de Buxán, concello de Val do Dubra, residentes en Cuba.
A súa Directiva fundacional estivo formada por: presidente, Manuel Fernández; vicepresidente, José Mesejo Nieto; secretrio, José Fraga Méndez; tesoureiro, Francisco Rivas; vicesecretario, Manuel Fraga Negreira; vicetesoureiro, Miguel Mesejo Nieto; vocais: Jesús Bardanca Romero, Manuel Mesejo Nieto, Jesús Blanco, Andrés Mariño, Joaquín Cambón, Manuel Iglesias, Serafín Rivas, Avelino Fraga, Alfonso Blanco, José M. Canedo. Contaba nos seus inicios con 147 socios, todos galegos.
Tivo finalidade instrutiva, e no ano 1922, sendo presidente José Mesejo, aprobaron en asembleia a construción dun edificio para colexio na súa parroquia de orixe. Tiveron tamén unha forte implicación política, publicando no ano 1923 un Manifesto Anticaciquil. No ano 1924 crearán unha delegación na súa terra natal que se ocupará de levar a bo término a construción da escola.
Dende 1997 é presidente Manuel Pérez Suárez, e conta cun total de 225 socios dos que 17 son galegos e 149 descendentes. A partir dese ano deixan de recoller nos seus estatutos a finalidade instrutiva, e pasan a ser unha sociedade mutualista e recreativa, centrando as súas actividades en manter unidos aos emigrantes galegos e aos seus descendentes, proporcionándolles determinados beneficios sociais, actividades culturais e recreativas, que propicien o desenvolvemento dos lazos socio-culturais con Galicia.

Hijos del ayuntamiento de Boiro

  • AE-AR-HABoi
  • Entidade colectiva
  • 1931-09-21 ata a actualidade

O 20 de setembro de 1931 os emigrantes naturais do concello de Boiro residentes en Arxentina fundan unha entidade co nome de "Sociedad Hijos de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Boiro". Entre os fundadores destacan José Saavedra, presidente fundacional, José Sánchez, José López, Francisco Piñeiro, Benigno Sánchez, José R. González, Juan Lorenzo, Joaquín Quintana, Manuel Castizo, Francisco Filgueira, Ramón Cespón e Benigno del Río.
Dende a súa creación a entidade manda doazóns de cartos para construír unha escola, que finalmente se inagurou na parroquia do Saltiño e que manterán durante uns anos. No seu labor de difusión da educación e a cultura, en marzo de 1936 da a coñecer o proxecto de crear unha biblioteca circulante para achegar a lectura a todos os veciños do seu concello natal; os socios aproban tamén a creación dun fondo exclusivo para a compra de material escolar e libros de estudo para os fillos dos asociados.
Un dos seus principais obxectivos foi manter unha sociedade democrática e republicana que loitase pola unión de todos os galegos en Arxentina. Dende os seus inicios estivo adherida á Federación de sociedades gallegas de la república Argentina, destacando na súa contribución ás axudas á República durante a guerra civil. No ano 37, organiza un gran acto no mes de xuño en homenaxe a Basilio Alvarez, paisano seu e dous anos máis tarde crean o "Comité de Ayuda al Frente Popular Español", adherido á "Central Gallega" da Federación, para recadar fondos que enviar a España en axuda das vítimas da guerra civil. Xa rematada ésta, no ano 1942 organiza unha subscrición pro-axuda aos presos de Boiro e orfos de guerra deste concello. A comisión está integrada polos veciños residentes en Bos Aires: Ramón Rebollido, Juan Somoza, José Mª Tubío, José Ugía e Inocencio Lago.
En 1946, a entidade cambia de finalidades e declárase como unha sociedade recreativa, instrutiva, de auxilio mutuo e beneficencia. Entre os seus obxectivos destacan: "a acción recreativa e cultural: fomentar a unión de todos os residentes do concello de Boiro na república arxentina; difundir a cultura galega entre os emigrantes e os seus descendentes co fin de espertar o interese dos mesmos; manter vivos os costumes galegos; contribuír a mellorar a vellez dos nosos emigrantes que están a pasar necesidades".
Actualmente celebra diversas festas como a de aniversario, festa de San Ramón, celebración do Día de Galicia, etc. Tamén organiza actividades culturais con outras sociedades da colectividade: cursos de gaita, pandeireta, de danza, cursos de cerámica e cociña. Realiza ademais exposicións, concursos culturais e actividades deportivas: conta con dous equipos de fútbol e de voleibol.
Destaca tamén por unha "constante acción social atendendo as necesidades de galegos, especialmente os de Boiro, dando alimentos, remedios, asistencia médica, etc. Xestiona pensións e documentación de forma gratuíta aos necesitados e asesora aos seus socios sobre o tipo de axudas do goberno español e da Xunta".

Hijos del Ayuntamiento de Abadín

  • AE-CU-HAbad
  • Entidade colectiva
  • 1922-01-06 ata a actualidade

Esta sociedade foi fundada na Habana polos naturais do concello de Abadín (Lugo) residentes na capital cubana, durante unha reunión que mantiveron o 23 de outubro de 1921 na casa dun conveciño, Bernardo Aguiar, na rúa Campanario, número 80. Nesta reunión quedou nomeada unha comisión organizadora da nova entidade que sería constituída oficialmente o 6 de xaneiro de 1922.

No momento da súa fundación tiñan previsto denominala como "Hijos de Abeledo, Corvite, Baroncelle y sus comarcas", por pertencer a ditas parroquias a maior parte dos socios fundadores; finalmente foi coñecida como "Hijos del Ayuntamiento de Abadín". A primeira directiva da sociedade estaba formada por Perfecto López Vidal, como presidente; José Díaz Pardiño, vicepresidente; secretario, Saturnino Regueira y Oseira, delegados polas parroquias que compoñen o concello: Jesús Ferreiro Díaz por Labrada, Manuel Leal Otero por Romariz, Antonio Díaz Pardiño por Fanoi, Magín Castiñeira Oseira por Abadín, José Cabado González por Goás, Perfecto López Vidal por Candia, Bernardo Aguiar por Aldixe, Generoso Anido por Abeledo, José Val por Corvite, Aparicio Portela por Baroncelle, Generoso Hermida por Moncelos, Ramón Fraga por Castromaior, e José Portela por A Graña de Vilarente.

A súa finalidade era construír escolas no seu lugar de orixe, atendendo primeiro ás parroquias máis abandoadas e necesitadas, como Cándia e Goás. Tamén contemplan nos seus estatutos obxectivos benéficos e recreativos: fomentar e estreitar a amizade entre todos os seus asociados e prestar auxilios morais e materiais aos socios que o precisaran.

En 1932 consiguen inaugurar no Cemiterio Colón un Panteón Social onde son soterrados os seus socios.

Nos anos 40 pasa a ser unha sociedade recreativa e benéfica.

Hijos de San Miguel y Reinante

  • AE-CU-HMRei
  • Entidade colectiva
  • 1908-08-23 ata a actualidade

Esta sociedade instrutiva e recreativa creouse na Habana o 23 de agosto de 1908 por un grupo de emigrantes galegos, residentes na illa caribeña, naturais das parroquias de Santiago e San Miguel de Reinante. Esta sociedade será tamén coñecida como "Hijos de San Miguel de Reinante".
Entre os seus fundadores destacan: Narciso Fernández e José González, Narciso Rocha, Francisco González, Antonio Díaz Moreda, Benito García, Enrique Díaz, Jesús Díaz, José R. Dorado, Antonio González, Pedro González, José R. Dorado, José García, Ramón García, Marcos Villarino, Narciso Rego, Pero Penabad, Francisco Penabad, Victor Rocha, Francisco Alvarez, Teolindo Dorado, Antonio Dorrego, Antonio González, Ramón García e Manuel Posada. Antonio Rico, foi nomeado delegado da sociedade en Tampa (Estados Unidos).
O seu fin primordial foi impulsar a instrución primaria na súa terra natal, aprobando o envío de cartos para a creación de escolas; mediante convenios co goberno español, facilitará as aulas provistas do material necesario, para que os nenos e nenas recibisen instrución gratuíta.
Ademais esta sociedade terá por obxecto protexer aos seus socios e celebrar festas de recreo e diversión.

Hijos de Roupar

  • AE-CU-HRou
  • Entidade colectiva
  • 1913-06-12 ata 1957-07-08

Sociedade fundada o 12 de xuño de 1913 na cidade da Habana, polos emigrados do parroquia de San Pedro Fiz, da parroquia de Roupar (Xermade-Lugo). Os socios fundadores foron Andrés Fernández e José María Rodríguez, que ocuparían os cargos de presidente e secretario respectivamente na primeira Xunta Directiva. O seu obxectivo prioritario era a construción dunha casa-escola en Roupar que foi inaugurada en 1921, que contaba cunha biblioteca e a que mandaban remesas de cartos anuais para o seu mantemento. Como complemento crearán un centro de solaz e esparcimento para as persoas mais vellas do pobo, onde se pronunciarán conferencias.
Na Xunta Xeral extraordinaria do 8 de xullo de 1957, sendo presidente Antonio Villafuerte, aproban a fusión coa entidade "El Progreso de Lousada", constituíndose nunha nova sociedade chamada "Roupar e Lousada. Sociedade de Recreo y Beneficencia". No ano 2002, creouse na parroquia de Roupar unha asociación cultural que leva o seu mesmo nome e que se encargou de restaurar o edificio escolar, recoñecendo o grande labor realizado polos seus emigrantes en prol da instrución do seu pobo.

Hijos de Ois de ayuda mutua

  • AE-AR-HOis
  • Entidade colectiva
  • 1914-12-20. Actualmente está integrada na Asociación Casa Coirós

Esta sociedade foi fundada por un grupo de emigrantes naturais da parroquia de Santa María de Ois, do concello de Coirós, que residían en Bos Aires.
En 1906 uníranse con outros conveciños para fundar a sociedade “Hijos del Ayuntamiento de Coirós residentes en Buenos Aires”.
Por disensións no funcionamento da entidade, o grupo de socios naturais da citada parroquia decide separarse e fundar unha nova, en decembro de 1914, coa finalidade principal de crear escolas na súa terra natal e a axuda mutua entre os socios.
Entre os seus fundadores podemos citar a Matías García, un dos principais promotores da sociedade, Antonio López, primeiro presidente da entidade, Antonio Rodríguez, José Santos Brañas, Manuel Pérez, Juan Pato Rodríguez, Benito Gen, Andrés Barral, Salvador González, Pedro Guerra, José Valiño, José Carro, Manuel Tomé, Ramón Carro, José Rivera Valiño, José Figueroa, Francisco Barrós, Domingo Pato e Juan María Rodríguez.
En 1920, fanlles un chamamento na prensa aos veciños de Ois para que colaboren na construción das dúas escolas de ensino primario que querían implantar alí, que desexaban que estivesen provistas do material pedagóxico máis moderno. Crean unha delegación na súa vila natal que se encargaría das xestións necesarias para levar a cabo o proxecto.
Teñen como lema social «la instrucción es la base de la familia, del bienestar y la felicidad».
En 1933, inauguran o edificio escolar no lugar de Fontelo. Este edificio será alugado ao concello e, cos cartos conseguidos, financian o seu mantemento.

Hijos de Lorenzana, Sociedad de Beneficencia y Cultura

  • AE-CU-HLore
  • Entidade colectiva
  • 1911-04-24 ata a actualidade

Creada o 24 de abril de 1911 na cidade da Habana polos naturais do Vilanova de Lourenzá residentes na illa de Cuba cunha finalidade instrutiva. Realizaron ao longo dos anos o seu labor de fomentar a instrución na súa terra natal coa construción de catro escolas nas parroquias de San Xurxo, Santo Tomé, San Adriano e Vilanova, respectivamente, ás que dotaron económicamente para o seu mantemento, compra de libros, etc.
A Xunta Directiva fundacional estaba presidida por Pedro Rodríguez Pérez e composta ademáis por: vicepresidente, Pascual Aenlle y Aguiar; secretario, Pedro Ron Sánchez; vicesecretario, Carlos Rodríguez Pérez e tesoureiro, Angel Fernández Sanjurjo.

Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa

  • AE-AR-HAraVP
  • Entidade colectiva
  • 1990-06-13 ata a actualidade.

Esta sociedade é froito da fusión das sociedades "Hijos de Arantey en Buenos Aires", fundada en 1952, e o "Centro Villamarín Perojano", creado en 1940.
Esta sociedade ten obxectivos mutuais, culturais e recreativos. Una das súas finalidades, recollidas nos estatutos, é o desenvolvemento da cultura galega a través da divulgación das súas tradicións e o folclore.
A directiva fundacional estaba formada polos seguintes membros: presidente, Alfredo Carlos Peña; vicepresidente, José Díaz; secretario, José Fernández; prosecretario, Adelino Viloria; tesoureiro, Manuel González; protesoureiro, Jesús Alvarez; secretario de actas, Francisco Fontaiña e vogais: José Blanco, Angel Souto, Arturo Blanco e José Sestelo.
Organiza actividades culturais como a organización de cursos de gaita e percusión, cursos de computación, debuxo etc. e actividades recreativas coa celebración de festas de camaradería, as festas patronais de San Roque, ou o Día de Galicia.

Hijos de Arantey

  • AE-AR-SocAra
  • Entidade colectiva
  • 1952-12-13 ata 1990, ano no que se fusiona co Centro Villamarín Perojano, dando lugar a unha nova entidade chamada "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa"

Esta sociedade foi fundada por un grupo de emigrantes naturais da parroquia de San Pedro de Arantei (Salvaterra de Miño, Pontevedra) residentes en Bos Aires.
Entre os seus fundadores pódese citar a Domingo Estévez Núñez, primeiro presidente da entidade, Antonio Núñez Saa, Manuel Peña Troncoso, Antonio Domínguez Sestelo, Diego Núñez Castro, Amadeo Valije Castro, Jose Peña Troncoso e Santos Raimundo Besada, entre outros.
A súa finalidade principal foi claramente cultural e recreativa.
En 1990 apróbase en asemblea xeral a súa unión co "Centro Villamarín Perojano".

Hijos centro cultural Neira de Jusá

  • AE-AR-HNei
  • Entidade colectiva
  • 1932 ata 1943, ano no que se integra no Centro Lucense de Bos Aires.

Esta asociación recreativa e cultural foi fundada en 1932 por un grupo de emigrantes galegos naturais do concello lucense de Baralla, que ata o ano 1970 tiña esta denominación. Desaparece en 1942 integrado no Centro Lucense de Bos Aires.

Hijas de Galicia

  • AE-CU-HGal
  • Entidade colectiva
  • 1912-06-16. Non existe na actualidade

Esta sociedade ten como precedente a entidade "Solidaridad Pontevedresa", creada o 16 de xuño de 1912 por un grupo de pontevedreses comandados por José Berridy, Ramiro García, Emilio Abal, José Méndez, Justo Calvo, Juan Casal, Rufino Meis, Manuel Vicente Otero, Francisco Carracedo, Benito Rey Doce, Adolfo Méndez, José Pensado, Ignacio Vila, Gumersindo Piay, y Manuel Vidal.
O 11 de xaneiro de 1914, baixo a presidencia de Rodríguez Bautista, avogan pola creación dun Sanatorio para as mulleres galegas, residentes en Cuba, debido ao crecente número de emigrantes galegas solteiras ou soas que no primeiro tercio do século XX estaban arribando á illa, e que non existía ningunha entidade que prestase estes servizos. A esta idea prestaron o seu apoio os socios Albino Matalobos, Rufino Meis, Ramiro García, Jesús de la Fuente e Manuel Vicente, que conseguiron que o 6 de agosto de 1915 se asinara un contrato co doutor Ferrán, propietario do "Sanatorio Cuba", por medio do cal se comprometía a atender e asistir ás asociadas.
A sociedade entra nuns anos de estancamento, nos que non se celebran as eleccións por falta de interese dos socios; ata que o 18 de xaneiro de 1917, reúnense na Xunta Xeral cincoenta socios e acordan reformar os Estatutos, cambiar o nome da Sociedade e elexir unha nova Xunta Directiva. Pasa a denominarse "Hijas de Galicia" e centran as súas actividades en protexer e a dar asistencia sanitaria ás emigrantes galegas.
A primeira Directiva tras a súa refundación estaba integrada por: Avelino Pérez Vilanova, presidente; Manuel Vicente Otero, vicepresidente; Manuel Táboas, tesoureiro; Julián Graña, vicetesoureiro; Ramiro García, secretario-contador; José Méndez Parada, presidente de la Comisión de Sanidad;y vocales: Rufino Meis, Emilio Abal, Benito Rey Doce, José Berridy, Gumersindo Piay, Antonio Fernández, Perfecto Porto, José Saborido, Albino Matalobos, Manuel Iglesias, Manuel Otero Cores, Amado Vila, Constantino Insúa, Miguel Fernández, Gumersindo Rey e Nuño Blanco. Nas eleccións de 22 de decembro de 1919 entran a formar parte do goberno da Sociedade as mulleres, participando directamente nas responsabilidades da administración, estabelecendo o cargo de vicepresidenta que é ocupado por primeira vez pola señora Andrea López, viuda de Ares, á que acompañan como vocais: Gloria Díaz, Isabel Queralto, María Teresa Queralto, Josefa del Río, María Monteirín, Catalina Miranda, Josefa Piedra e Carlota González.
De 1920 a 1924 a sociedade adquire grande importancia, aumentando a diario o número de asociadas. Coa ampliación dos servizos acaban mercando en 1924 unha clínica que funcionará como sanatorio da entidade en exclusiva, baixo o nome de "Concepción Arenal". Esta clínica será engrandecida coa construción de varios pavillóns segundo as crecentes necesidades e en 1937 constrúen un Balneario para ofertar aos socios, baños de mar e descanso, como medida terapéutica.

Resultados 821 a 840 de 1750