Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Club Deportivo Obrero Español

  • AE-FR-ClubDOE
  • Entidade colectiva
  • Década 1960 ata a actualidade

Esta asociación foi creada por un grupo de emigrantes galegos e españois residentes na localidade francesa de Annecy a finais dos anos 60.

Fundada coa finalidade de que os seus descendentes puideran practicar fútbol nas mellores condicións e participar nas competicións oficiais o clube foi ampliando o campo de actividades co paso do tempo con dous preocupacións fundamentais: preservar e fomentar a cultura de orixe e a lingua materna, e seguir de cerca os principais eventos e a evolución de España.

Forma parte da "Federación de Asociaciones y Centros de Españoles Emigrantes en Francia" (FACEEF).

Club deportivo y cultural Galicia

  • AE-CU-ClubGal
  • Entidade colectiva
  • 1923. Non existe na actualidade

Sociedade deportiva que se funda na Habana por emigrantes galegos a principios da década dos 20 do século pasado. Este club tiña por obxectivos o desenvolvemento de toda clase de deportes; estreitar os lazos de amizade entre os seus compoñentes, así como coas demais sociedades, que tivesen fins culturais.
Ademáis do deporte tamén promoveron a creación dunha biblioteca para servicio dos seus asociados, e fundaron un coro de canto típico galego.
Na actualidade non existe.

Club España de Newark, Peña Gallega

  • AE-USA-ClubEs
  • Entidade colectiva
  • 1964-03-11 ata a actualidade

Esta entidade foi creada pola colectividade española residente na cidade de Newark (estado de New Jersey) para que os españois tiveran un lugar de reunión e manter así a súa cultura e costumes.
Ten unha finalidade cultural, social e recreativa "estimulando y apoyando siempre el avance y progreso de nuestra comunidad".
Segundo os seus estatutos sociais (1987) "tomará iniciativas o secundará las que surjan de interés para nuestra comunidad española, procurando también el mayor número de intercambios con otras sociedades análogoas, sirviendo de medios de expansión social en sus múltiples orientaciones: establecer clases de español e inglés, promover bailes, fiestas, deportes, cuadro artístico, etc.".
Dentro da entidade, o grupo máis numeroso de galegos, constiuíu unha peña, para potenciar os costumes e as tradicións galegas, pero realizando sempre as diversas actividades dentro da sociedade.
Trátase dun centro recreativo que organiza numerosos bailes, romarías e banquetes, no propio restaurante que teñen na sede social. Celebra tamén representacións teatrais, exposicións, ou ciclos de conferencias.
Ten un equipo de fútbol, integrado polos socios, cos que participan en campionatos.
Ten un grupo de baile e música galegos "Anduriña", que participa nos festivais e nos desfiles do Día de la Hispanidad.

Club espanhol de Niterói

  • AE-BR-CLNit
  • Entidade colectiva
  • 1964-3-26 ata a actualidade

Esta sociedade foi fundada por membros da colectividade española asentada en Niterói. Creouse para realizar actividades recreativas, sociais e deportivas e dar asesoramento xurídico aos seus socios.
En 1983 aproban os seus estatutos sociais: "Ten os seguintes fins: promover reunión e divertimentos de carácter social e recreativo, deportivo, cultural, artístico e cívico que concurran para estimular a convivencia e a axuda aos socios; manter e desenvolver unha biblioteca, fonoteca, filmoteca, así como proporcionar medios de asistencia social aos seus socios; incentivar o deporte, a música, o teatro e o folclore; manter e desenvolver a sede propia, localizada na estrada de Taipu, Villa de San Pedro, Praza de Espanha, nº 13, ampliando as súas instalacións e conservándoas en perfecto estado de funcionamento; cultivar o amor patrio e filial, mantendo vivas as tradicións; respetar as leis do país e estimular as relacións entre españoles e brasileños e doutras nacionalidades".

Club Español de Buenos Aires

  • AE-AR-ClubEs
  • Entidade colectiva
  • 1852-09-05 ata a actualidade.

En 1852, tras ser derogada a Ley de Extranjería do goberno arxentino, a colectividade española asentada no país, comeza a desenvolver unha intensa actividade social e comercial. Por iniciativa de Vicente Rosa y Carim, foi creada en setembro dese ano a “Sala Española de Comercio”, disuelta 5 anos máis tarde, aínda que gran parte dos seus asociados continuaron reuníndose nun Centro que en 1866 pasou a denominarse “Casino Español”, aínda que era coñecido como “Club Español”, nome que pasaría a ser oficial a partir de 1872. Alí desenvolvíanse actividades sociais e benéficas. Desde esa sede la comunidad española desarrollaba diversas actividades sociales y benéficas.
Como fins da entidade aprecen “…proporcionar a sus asociados todos los recreos propios de una sociedad culta, promover los intereses del comercio y de la beneficencia, coadyuvar eficazmente al establecimiento del Hospital Español, y estrechar los vínculos de la confraternidad hispano-argentina….”.
Esta sociedade continúa a ser na actualidade un centro cultural, comercial, asistencial e recreativo.

Club Hispano de Toronto

  • AE-CA-ClHTor
  • Entidade colectiva
  • 1964 ata a actualidade

Esta entidade foi fundada pola colectividade española residente na cidade de Toronto, como un centro de reunión e sociabilidade.
Os seus inicios tiveron lugar cando un grupo de españois deciden organizar unha festa para recadar fondos para un compatriota necesitado. De aí partiu a idea de constituírse nunha asociación recreativa.
A directiva fundacional estaba constituída por: César Cortés Román, como presidente; vicepresidente, José Plaza Mejía; secretario, José Fernández Naves e tesoureiro, Juan Egea Montes.
Dende 1965 editan como voceiro social unha revista chamada “Hispano”.
En 1972 fundan unha escola de baile folclórico para os socios que actuarán nas diversas festas e reunións da colectividade.
A sociedade priorizou as súas actividades recreativas ata 1978, ano no que crea unha escola española, para que os fillos dos socios tivesen nocións da cultura e a lingua española e tamén para espallala na sociedade de Toronto. Convocaba dúas bolsas "Club Hispano", con carácter anual, de 500 $, para as mellores marcas académicas dos fillos dos socios.
A partir dese ano os seus obxetivos, recollidos nos estatutos sociais son: conservación da lingua a través de actividades sociais, do folclore e das danzas; acoller a grupos de galegos e españois, deportivos ou culturais e a personalidades que cheguen a Toronto; organizar festivais benéficos para contribuír á fundación do "Hospital de Niños" de Toronto, para casos de cirurxía, etc.
Co paso do anos e o envellecemento de parte dos emigrantes españois, contempla a atención ao xubilado e o apoio económico en caso de necesidade.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

  • AE-CU-ClubNav
  • Entidade colectiva
  • 1918-11-09 ata a actualidade

Esta sociedade foi creada o 9 de novembro de 1918 na cidade da Habana. A súa primeira Xunta Directiva estivo formada polos fundadores da nova entidade: como presidente, José Ramón López; vicepresidente, Manuel López; tesoureiro, Pedro López; secretario, José Ramón Fernández; vicesecretario, José Celeiro e vocais: Manuel Losada, Manuel Rivera, José López Cárdenas, José Gómez López, Constantino Gómez, José Iglesias, Ramón Álvarez, José Díaz, Faustino Pérez, Elisardo Fernández, Trinitario Álvarez, José López Álvarez, Antonio López, José Fernández Vidal; vocais suplentes: Pedro Arias, Constantino Méndez, Gabriel Díaz, Manuel López López, Antonio Díaz Mayadán, José Vega.
Esta sociedade actuou como matriz das delegacións que tivo en Huatey, Santiago de Cuba e Ciego de Ávila.
Os seus fins segundo o Regulamento de 1922 son a protección da instrución no concello de Navia de Suarna, coa pretensión de crear unha casa-escola nas súas parroquias; dar protección aos seus socios e fomentar a unión entre os connaturais que residen en Cuba, recollendo o pago do billete a aqueles emigrantes que quixeran voltar a España por prescripción facultativa e sen recursos económicos.

Cofradía de la Queimada del País Vasco

  • AE-ES-CofQ
  • Entidade colectiva
  • 1992-06-24 ata a actualidade

Durante unha cea na Casa de Galicia, o José Antonio Vilavoa e unha ducia de galegos decidíronse a crear unha confraría, que na actualidade está formada por políticos, médicos, cociñeiros, etc.

É unha asociación de tipo gastronómico, de clara inspiración Jacobea y peregrina, que pretende difundir a gastronomía galega. Tamén ten carácter recreativo e cultural. Segundo o artigo nº 2 dos seus Estatutos, aprobados o 25 de xullo de 1992, trata de promover:

  • O coñecemento de Galicia, a súa lingua e cultura, a gastronomía, a historia, costumes e demais peculiaridades xenuínas.
  • Dar a coñecer a Queimada, ensinar a preparala e promover concursos, festas e actos, tanto literarios como musicais que realcen os costumes xenuínos de Galicia.
  • Promover e establecer nexos de unión entre os galegos afincados en Euskadi.
  • Impulsar e favorecer o mutuo coñecemento, respecto, comprensión e colaboración entre as Autonomías de Euskadi e Galicia.
  • Apoiar toda actividade a prol de Galicia sempre que a súa finalidade sexa acorde co espírito desta Asociación.

Fan un “Capítulo Anual”, o 1º domingo de decembro, onde nomean confrades a 6 ou 7 persoas destacadas. Nesta celebración destacan unha serie de actos:

  • Desfile de Confrades.
  • Misa-ofrenda, con actuación do grupo de Gaitas.
  • Procesión vestidos de confrades.
  • Visita do alcalde de San Sebastián.
  • Investidura de confrades.
  • Actuación Coral e clausura do Capítulo.
  • Capítulo Gastronómico con productos galegos e Gran Queimada.

Asisten a tódolos “capítulos” das outras confrarías e están afiliados á "Cofradia Gastronómica do País Vasco" e asociados á Federación Cofradías Gastronómicas (FECOGA).

Colectivo de Mulleres Ensinantes do Rosa ao Violeta

  • Entidade colectiva
  • 1980-

O CMERV, ten a súa orixe a comezos de oitenta como Comisión de Ensino de AGMSC. Realizan neste contexto, traballos, unidades didácticas e análises relacionados coa coeducación, linguaxe sexista ou sexualidade. Escasa estabilidade na actividade e na composición neste primeiro momento.

En 1989 emerxen xa co nome CMERV e desde comezos de noventa desenvolven traballo estable. Conxuga mestras de EXB, IES, Universidade e que traballan en diferentes localidades: Serra de Outes, A Coruña, Negreira ou Santiago de Compostela.

Conxuga mulleres con diferentes puntos de vista no que toca ao feminismo. Algunha delas son tamén dobre militantes no feminismo, no sindicalismo e en organizacións políticas de esquerda

Traballan fundamentalmente na formación e autoformación en coeducación e en cuestión tales como a detección do sexismo nas aulas, a crítica feminista aos contidos culturais de materiais didácticos, ou na análise do curriculum oculto

No ano 1992 traballan unha análise de roles nos xogos e xoguetes

Participan ademais en xornadas feministas e/ou de ensino, realizan denuncias, charlas e traballan activamente en pro da coeducación nos seus centros de ensino

VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS

  • Integrada en: Coordinadora Feminista Galega, Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español, Asociación Galega da Muller Santiago de Compostela.

  • Organizacións que apoian as súas actividades: Grupos de Mulleres da Universidade, Colectivo de Mulleres Ensinantes de Vilagarcía de Arousa, Concello de Santiago de Compostela

Colectivo de Mulleres María Castaña

  • Entidade colectiva
  • 1992-199?

O Colectivo de Mulleres de María Castaña é un grupo de mestras de ensino secundario constituído en 1992 en Santiago de Compostela. Céntranse no traballo non sexista nas aulas e na elaboración de materias didácticos elaborados desde visións non androcéntricas. De feito, no ano 1995 reciben un premio do Ministerio de Educación polo seu labor.

Resultados 481 a 500 de 1750