Amosando 1750 resultados
Rexistro de autoridadeComisión da Muller de Galiza Nova
- Entidade colectiva
Comisión da Muller da Asamblea Nacional-Popular Galega
- Entidade colectiva
Colectivo de Mulleres María Castaña
- Entidade colectiva
- 1992-199?
O Colectivo de Mulleres de María Castaña é un grupo de mestras de ensino secundario constituído en 1992 en Santiago de Compostela. Céntranse no traballo non sexista nas aulas e na elaboración de materias didácticos elaborados desde visións non androcéntricas. De feito, no ano 1995 reciben un premio do Ministerio de Educación polo seu labor.
Colectivo de Mulleres Ensinantes en pro da Coeducación da Coruña
- Entidade colectiva
Colectivo de Mulleres Ensinantes do Rosa ao Violeta
- Entidade colectiva
- 1980-
O CMERV, ten a súa orixe a comezos de oitenta como Comisión de Ensino de AGMSC. Realizan neste contexto, traballos, unidades didácticas e análises relacionados coa coeducación, linguaxe sexista ou sexualidade. Escasa estabilidade na actividade e na composición neste primeiro momento.
En 1989 emerxen xa co nome CMERV e desde comezos de noventa desenvolven traballo estable. Conxuga mestras de EXB, IES, Universidade e que traballan en diferentes localidades: Serra de Outes, A Coruña, Negreira ou Santiago de Compostela.
Conxuga mulleres con diferentes puntos de vista no que toca ao feminismo. Algunha delas son tamén dobre militantes no feminismo, no sindicalismo e en organizacións políticas de esquerda
Traballan fundamentalmente na formación e autoformación en coeducación e en cuestión tales como a detección do sexismo nas aulas, a crítica feminista aos contidos culturais de materiais didácticos, ou na análise do curriculum oculto
No ano 1992 traballan unha análise de roles nos xogos e xoguetes
Participan ademais en xornadas feministas e/ou de ensino, realizan denuncias, charlas e traballan activamente en pro da coeducación nos seus centros de ensino
VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS
-
Integrada en: Coordinadora Feminista Galega, Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español, Asociación Galega da Muller Santiago de Compostela.
-
Organizacións que apoian as súas actividades: Grupos de Mulleres da Universidade, Colectivo de Mulleres Ensinantes de Vilagarcía de Arousa, Concello de Santiago de Compostela
Colectivo de Mulleres Ensinantes de Vilagarcía de Arousa
- Entidade colectiva
Colectivo de Mulleres Ensinantes
- Entidade colectiva
