Cofradía de la Queimada del País Vasco
- AE-ES-CofQ
- Entidade colectiva
- 1992-06-24 ata a actualidade
Durante unha cea na Casa de Galicia, o José Antonio Vilavoa e unha ducia de galegos decidíronse a crear unha confraría, que na actualidade está formada por políticos, médicos, cociñeiros, etc.
É unha asociación de tipo gastronómico, de clara inspiración Jacobea y peregrina, que pretende difundir a gastronomía galega. Tamén ten carácter recreativo e cultural. Segundo o artigo nº 2 dos seus Estatutos, aprobados o 25 de xullo de 1992, trata de promover:
- O coñecemento de Galicia, a súa lingua e cultura, a gastronomía, a historia, costumes e demais peculiaridades xenuínas.
- Dar a coñecer a Queimada, ensinar a preparala e promover concursos, festas e actos, tanto literarios como musicais que realcen os costumes xenuínos de Galicia.
- Promover e establecer nexos de unión entre os galegos afincados en Euskadi.
- Impulsar e favorecer o mutuo coñecemento, respecto, comprensión e colaboración entre as Autonomías de Euskadi e Galicia.
- Apoiar toda actividade a prol de Galicia sempre que a súa finalidade sexa acorde co espírito desta Asociación.
Fan un “Capítulo Anual”, o 1º domingo de decembro, onde nomean confrades a 6 ou 7 persoas destacadas. Nesta celebración destacan unha serie de actos:
- Desfile de Confrades.
- Misa-ofrenda, con actuación do grupo de Gaitas.
- Procesión vestidos de confrades.
- Visita do alcalde de San Sebastián.
- Investidura de confrades.
- Actuación Coral e clausura do Capítulo.
- Capítulo Gastronómico con productos galegos e Gran Queimada.
Asisten a tódolos “capítulos” das outras confrarías e están afiliados á "Cofradia Gastronómica do País Vasco" e asociados á Federación Cofradías Gastronómicas (FECOGA).
