Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
Nivel de descrición
Agrupación de fondos
Extensión e medio
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. A súa creación, no ano 1983, é orixinal no panorama autonómico, ao ser a única institución deste estilo que figura recollida nun Estatuto de autonomía (artigo 32).
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
O Arquivo da Emigración Galega (AEG) foi creado en 1992 como unha iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), configurándose como centro de documentación, investigación e difusión referencial para persoal investigador e calquera persoa interesada no estudo do fenómeno da emigración galega.
CADRO DE CLASIFICACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS DO AEG:
- Documentación das Asociacións de Emigrantes
- Documentación de particulares (arquivos persoais e familiares)
- Documentación de organismos oficiais
- Coleccións
Localización:
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15702 Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.gal
Tel.:+34 881 995 143 / +34 881 995 148
Páxina web: http://consellodacultura.gal/aeg/
Valorización, destrucción e programación
Fondos de conservación permanente.
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala con cita previa.
Consulta a través do correo electrónico: aemigracion@consellodacultura.gal
As solicitudes de acceso aos fondos documentais e arquivísticos atenderanse nun prazo máximo de 5 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicará o día en que o material requirido estará dispoñible para a súa consulta na sala ou vía telemática. Permitirase a reprodución dixital que será realizada polo persoal técnico do AEG.