Contacto principal
Pazo de Raxoi, 2º andar.
, Santiago de Compostela (A Coruña)
ES 15705
Arquivo do Consello da Cultura Galega
O Arquivo do Consello da Cultura Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades, conservada de xeito seguro e ordenado para facilitar o seu acceso e servir de apoio á investigación e á cultura. A súa orixe está na creación do Consello da Cultura Galega (CCG) no ano 1983.
A existencia do CCG vén determinada polo Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi creado, conforme prevé o artigo 32 deste, por Lei do Parlamento de Galicia (Lei 8/1983, do 8 de xullo). Réxese por esta Lei e mais polo seu Regulamento, aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 237/2000, do 29 de setembro).
Cun carácter de órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ao Consello compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.
O Consello da Cultura Galega está situado no centro da cidade, na praza do Obradoiro, fronte á fachada principal da catedral de Santiago. Na actualidade comparte edificio, o Pazo de Raxoi, co Concello de Santiago e coa Presidencia da Xunta de Galicia. Nestas dependencias están localizados a Biblioteca e arquivo e o Centro de Documentación e Igualdade e Feminismos.
O Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela, a Biblioteca Xeral da USC ou o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago son algunhas das institucións culturais que se localizan a poucos metros de distancia, o que facilita atopar gran diversidade de fondos na mesma zona a quen investiga.
O Arquivo da Emigración Galega, Arquivo Sonoro de Galicia e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia están situados na Cidade da Cultura, no edificio da Biblioteca de Galicia, onde tamén están instalados o Arquivo de Galicia e parte da Real Academia Galega. Erixida no monte Gaiás a Cidade da Cultura componse de varios edificios e espazos orientados a asuntos culturais e de entretemento, polo que estas dependencias do Consello da Cultura achegan unha oferta cultural e de investigación moi variada ás persoas usuarias.
A Área de Xestión Documental do Consello da Cultura Galega está integrada por:
Os fondos documentais son de libre acceso para persoal investigador salvo que se trate de materiais que polas súas características (rareza, conservación…etc) precisen da autorización da Comisión Executiva do CCG.
O Arquivo réxese polas normas de recepción, custodia, conservación e acceso aos documentos do Consello da Cultura Galega.
Fondo xeral: composto pola documentación xerada pola institución no exercicio da súa actividade. Fondo cultural: procedente de adquisicións e depósitos. Composto por documentación de asociacións, sociedades e fondos persoais e familiares de interese para a cultura galega.
CADRO DE CLASIFICACIÓN:
Horarios de atención ao público:
De 10:00 a 14:00 horas (de Luns a Venres)
O acceso é libre con fins de investigación. Para a consulta de documentación nas instalacións é necesario concertar cita previa: http://consellodacultura.gal/protocolo-acceso.php
O acceso directo aos fondos está suxeito á normativa legal vixente para a correcta conservación do patrimonio documental.
É necesaria a autorización expresa da Comisión Executiva para a consulta do arquivo intermedio.
Tanto o edificio do Pazo de Raxoi como o da Biblioteca de Galicia dispoñen de ascensor. Existen paradas de autobús e zonas públicas de estacionamento nas inmediacións.
Asesoramento na busca e localización de documentos respecto dos fondos documentais do Arquivo. O persoal do mesmo proporciona información e orientación personalizada sobre as consultas recibidas.
Facilítase copia de documentos en formato dixital ou fotocopia, segundo o caso.
ES.15078.ACCG ** Arquivo do Consello da Cultura Galega
Descrición realizada conforme á norma ISDIAH (Norma internacional para la descripción de instituciones que custodian fondos de archivo). ISO 8601. ISO 639-2. ISO 15924.
Final
Parcial
Data de creación : 2013/04/04 [ISO 8601]. Revisión: 2021/09/20
Web do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.gal
Descrición para o Arquivo do Consello da Cultura Galega feita por Anxos Sumai García e Susana Guitar Novo o 5 de abril de 2013. Completada parcialmente o 20 de setembro de 2021.