Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:
Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)
Recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana. Formato 1: Recibo a nome de Secundino Bolaño López, con data de 1 de xaneiro de 1930 Formato 2: Recibo sen cubrir con data de 1 de xaneiro de 1926
PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.