Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.
Números conservados en papel:
1951: 33º aniversario
1952: 34º aniversario
1953: 35º aniversario
Asociación Residentes de Mos, de mutualidad, cultura y recreo
Artigo dedicado a Domingo Maza Calvo (pp. 1274-1277) da monografía de Alberto Vilanova Rodríguez: "Los Gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Galicia, 1966. Vol. II". Este escultor galego realizou un busto de Castelao por encargo desta entidade.
1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.
Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.
Estanislao Rodríguez Sende, Prosecretario General, e Ramón Berdullas Martínez, Presidente, envían resposta a Manuel Suárez, Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega. Na carta mencionan as fichas Persoas Físicas, Medios de Comunicación e Entidades para cumprimentación do Censo Cultural de Galicia.
1 carta enviada ao Presidente do Centro Betanzos, Juan Suárez, por Castelao, en agradecemento polo seu nomeamento como Presidente Honorario da institución.
O Presidente do Círculo Social Valle Miñor, Roberto Hermida Mallo, envía unha carta ao Consello da Cultura Galega en resposta á súa petición de información co fin de confeccionar un censo cultural galego.
Coa carta adxuntan a seguinte documentación:
Enquisa da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas (Xunta de Galicia, 1991)
Estatuto social (1990)
Memoria anual (1989)
3 números do Boletín informativo "Xuntos": n. 10-12 (1990)
O Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, escribe ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, para optar ao recoñecemento de galeguidade da entidade.
Xunto coa carta adxunta copia de:
Memoria e balance do ano 1999 (14 páxinas)
Acta fundacional (02/01/1954) (6 páxinas)
Estatutos (1954) (15 páxinas)
Outorgamento de Personería Xurídica n. 7782 (26/04/1982) (4 páxinas)
Escritura do inmoble (5 páxinas)
Xunta directiva vixente (1 páxina)
Fotografías de encontros sociais (1 páxina)
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Correspondencia enviada por Carlos Velo Cobelas, Presidente do "Padroado de Cultura Galega de México" e Delegado do "Consello de Galiza" en México, a diversos cargos do "Consello de Galiza" en Bos Aires:
Alberto Vilanova, Concelleiro do "Consello de Galiza" (31/07/1964), (06/08/1964) e (08/08/1964)
Lois Fuentes, Secretario de Goberno e Coordinación (13/11/1964)
Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade "Centro Villalbés - Cospeito" de 1938-1945 (193 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Comunicacións e manifestos dos anos 1936-1954 dirixidos á colectividade galega en Bos Aires, aos residentes de Lalín e aos electores e afiliados da "Federación de Sociedades Gallegas".