O Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, escribe ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, para optar ao recoñecemento de galeguidade da entidade.
Xunto coa carta adxunta copia de:
Memoria e balance do ano 1999 (14 páxinas)
Acta fundacional (02/01/1954) (6 páxinas)
Estatutos (1954) (15 páxinas)
Outorgamento de Personería Xurídica n. 7782 (26/04/1982) (4 páxinas)
Escritura do inmoble (5 páxinas)
Xunta directiva vixente (1 páxina)
Fotografías de encontros sociais (1 páxina)
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Correspondencia enviada por Carlos Velo Cobelas, Presidente do "Padroado de Cultura Galega de México" e Delegado do "Consello de Galiza" en México, a diversos cargos do "Consello de Galiza" en Bos Aires:
Alberto Vilanova, Concelleiro do "Consello de Galiza" (31/07/1964), (06/08/1964) e (08/08/1964)
Lois Fuentes, Secretario de Goberno e Coordinación (13/11/1964)
Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade "Centro Villalbés - Cospeito" de 1938-1945 (193 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Comunicacións e manifestos dos anos 1936-1954 dirixidos á colectividade galega en Bos Aires, aos residentes de Lalín e aos electores e afiliados da "Federación de Sociedades Gallegas".
2 convites conminando á adhesión polo Día das Letras Galegas
1 convite a unha exposición na Galería Lucense os días 17-30/09/1970 de artesanía e postais galegas
1 convite a unha exposición na Galería Lucense entre o 21/04/1972 e o 04/05/1972 de affiches sobre motivos galegos realizados polo debuxante Manuel Cordeiro
Convite da "Embajada de España" e o "Instituto de Cooperación Iberoamericana" en colaboración co "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á conferencia da poetisa galega Luisa Castro titulada "Laberinto de lenguas, laberinto de culturas" na sede do padroado.
Convite do "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á inauguración da exposición de pinturas de Manuel Otero na sede do padroado o día 11/06/1993.
Correspondencia da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Cospeito y sus contornos" dos anos 1926-1927, 1929-1938 conservada en formato microfilme e dixital.
Sociedad residentes del ayuntamiento de Cospeito y sus contornos