Regulamentos da sociedade "Club España de Newark", presentados á xunta xeral extraordinaria convocada a tal efecto o día 03/05/1987, conservados en formato papel (fotocopias).
Regulamento da "Sociedad de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/02/1918 e Regulamento interior da Escola "Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado o 09/08/1918 (28 páxinas), publicados de maneira conxunta e conservados en formato dixital e impreso.
Regulamento social da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal" aprobado o 14/05/1924 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato dixital e impreso incompleto.
Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Reforma do Regulamento de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira. Sociedad de Instrucción y Socorro" (20 páxinas) aprobada o día 29/02/1940, conservada en formato dixital e impreso.
Real Decreto-Lei do 24/03/1926, co Regulamento de exención do Servizo Militar activo aos españois residentes nos países americanos de raza ibérica e Illas Filipinas (31 páxinas), conservado en formato dixital.
Regulamento da sociedade "Casa Galicia de Unidad Gallega", no que se establece que o se título será "Unidad Gallega de los EE. UU.", que entrou en vigor o 01/11/1943, conservado en formato papel (fotocopias).
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Protección mutua Ferrol y su comarca", conservado en folleto e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Regulamento reformado o 26/10/1950 (22 páxinas): copia dixital e impresa
Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua