Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.
En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.
Separata: Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio : un proxecto innovador da Sociedade Pro Escuelas en Bandeira / Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez en "Estudios Migratorios", número 4 (dec. 1997), pp. 117-143
Recorte de prensa de "El Debate", de xullo de 1936, onde aparece unha fotografía do centro escolar inaugurado e costeado por esta sociedade na súa parroquia natal.
Programa de actividades "Un momento musical...", organizadas pola sociedade "Centro Gallego de Azul" para o día 19/12/1997, con motivo dun aniversario.
Programa do "Concierto Folklórico de arte, música y canto coral popular gallego" organizado pola sociedade "Centro Orensano de Buenos Aires" para o día 01/10/1947, conservado en formato papel.