Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 23/07/1928, conservada versión mecanografada en formato dixital e impreso e versión impresa en formato papel (orixinal).
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 29/12/1941, conservada versión impresa en formato papel (orixinal).
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 03/03/1984, conservada versión mecanografada en formato papel (fotocopias tamaño A3).
Regulamento da "Sociedad de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/02/1918 e Regulamento interior da Escola "Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado o 09/08/1918 (28 páxinas), publicados de maneira conxunta e conservados en formato dixital e impreso.
Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Reforma do Regulamento de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira. Sociedad de Instrucción y Socorro" (20 páxinas) aprobada o día 29/02/1940, conservada en formato dixital e impreso.
Real Decreto-Lei do 24/03/1926, co Regulamento de exención do Servizo Militar activo aos españois residentes nos países americanos de raza ibérica e Illas Filipinas (31 páxinas), conservado en formato dixital.
Regulamento da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" conservado en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 22/12/1955 (56 páxinas)
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua
Regulamento da "Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol" aprobado o 18/04/1951 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato papel (48 páxinas).