Real Decreto-Lei do 24/03/1926, co Regulamento de exención do Servizo Militar activo aos españois residentes nos países americanos de raza ibérica e Illas Filipinas (31 páxinas), conservado en formato dixital.
Reforma do Regulamento de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira. Sociedad de Instrucción y Socorro" (20 páxinas) aprobada o día 29/02/1940, conservada en formato dixital e impreso.
Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento da "Sociedad de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 17/02/1918 e Regulamento interior da Escola "Hijos de San Miguel y Reinante" aprobado o 09/08/1918 (28 páxinas), publicados de maneira conxunta e conservados en formato dixital e impreso.