Comunicacións e manifestos dos anos 1936-1954 dirixidos á colectividade galega en Bos Aires, aos residentes de Lalín e aos electores e afiliados da "Federación de Sociedades Gallegas".
Esta revista societaria foi editada polo Centro Lalín para informar sobre as diferentes actividades da entidade tras a fusión das diversas sociedades de emigrantes naturais da comarca do Deza e residentes en Bos Aires. O primeiro número está centrado na visita dos alcaldes dezanos a Arxentina e os diversos encontros coa colectividade emigrada, e con políticos arxentinos como o presidente Raúl Alfonsín, de raíces galegas e lalinenses. Contén noticias sobre os concellos de Lalín, Silleda e A Golada, ademais da realidade social, cultural e política galega. Esta publicación vai continúar editándose baixo outra denominación.
Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos etc.
Revista societaria editada pola entidade parroquial do seu nome. Conta con información para os socios tanto da marcha da sociedade como do seu interese; ademáis ten artigos sobre Arxentina e Galicia, temas culturais, textos literarios e poemas reproducidos de autores recoñecidos. Comezou chamándose "As 4 aldeas" (vid. ficha)
Correspondencia da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Cospeito y sus contornos" dos anos 1926-1927, 1929-1938 conservada en formato microfilme e dixital.
Sociedad residentes del ayuntamiento de Cospeito y sus contornos