Cartas relativas ao apoio á República
- ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UTrives-03-01-01-02
- File
- 1942 -
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
- Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
- Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
- Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
- Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
- Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
- Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
- Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
- Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
- Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.
Unión Trivesa