Boletín informativo que achega noticias sobre o funcionamento desta institución e das diversas actividades que se realizan, sobre as súas instalacións, etc.
Esta revista foi editada por un grupo de simpatizantes da sociedade Hogar Gallego para Ancianos co fin de apoiar e divulgar o seu labor asistencial en pro da colectividade galega da terceira idade. A maior parte dos artigos son colaboracións, principalmente literarias, con referencias a personalidades galegas ou ao papel dos galegos en América. Neste número que conservamos aparece o relatorio presentado no I Congreso da Emigración Galega sobre a ancianidade e unha ampla información sobre a entidade.
Esta revista anual recolle a memoria social da institucción. Cada cinco anos e con motivo do seu aniversario editan un número extraordinario no que informan das actividades da entidade desde a súa fundación e resaltan o papel social do mesmo. Inclúe diversas colaboracións nas que se anima a traballar coa institución, ademais de artigos sobre Galicia e a súa cultura.
Revista societaria na que informan aos socios das actividades polo 59º aniversario fundacional e das visitas de políticos galegos ás súas instalacións. As páxinas centrais están dedicadas á residencia para a terceira idade que mantén a sociedade, cos servizos e instalacións que posúen. Teñen tamén un pequeno apartado cultural cunhas páxinas dedicadas a Fray Martín Sarmiento e algúns poemas