Correspondencia dirixida ao Arquivo da Emigración Galega
- ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HAraVP-03-01-02-01
- Unidade documental composta
- 1998-2005
O Presidente da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Alfredo Carlos Peña, envía unha carta o día 11/11/1998 ao Xerente do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, para facerlle chegar:
- Enquisa cuberta (7 páxinas)
- Memoria do ano 1997 (3 páxinas)
- Escudos das sociedades antecesoras e da actual (3 páxinas)
- Estatutos (11 páxinas) (fotocopia)
O Secretario da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Francisco José Fontaíña, envía unha carta o día 16/02/1999 ao Consello da Cultura Galega coa súa revista societaria.
O Presidente, Santos Gastón Juan, e o Secretario, Jorge Calvetti, da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", envían unha tarxeta postal para felicitar o ano 2005.
Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa