Estatutos sociais da "Asociación Villagarcía de Arosa" aprobados en asemblea xeral ordinaria do 14/09/1991 (22 páxinas), conservados en formato dixital.
Enquisas realizadas polo AEG ao Instituto Argentino de Cultura Gallega sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo, acompañadas da carta do Instituto
Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.
Alzado da fachada do Hospital e Asilo e da Escola de Lalín, fundados pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservado en formato papel.
Documentación varia sobre a escola "Rosalía de Castro". Escola nº 1, situada na parroquia de San Salvador de Laro, no lugar de Freixeiro, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1917.
Documentación conservada en formato papel:
Escritura de venta (01/06/1913)
Pliegos de condicións para a construcción da escola
Proxecto de escola: alzados e planta (en papel e en tea)
Documentación varia sobre a escola "Francisco Giner de los Ríos". Escola nº 3, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de Marco, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1921.
Documentación varia sobre a escola "Escola Bernardino Rivadavia". Escola nº 2, situada na parroquia de San Salvador de Escuadro, no lugar de A Penadauga, fundada pola "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" en 1927.
Correspondencia e documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" dos anos 50 relativa á construcción dun Instituto Laboral en Lalín.