Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido": tomas de posesión, escolas, panteóns, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.
PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.