Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, relativa ao Panteón Social, mantida cos seus socios e coas compañías:
Fotografía realizada durante unha reunión da sociedade nos anos 1940 e fotografía do Presidente, Eladio Vázquez Nieto, tomada nos anos 1990, conservadas en formato dixital.
El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo
Libro do copiador e correspondencia enviada pola "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" nos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940, conservada en formato microfilme e dixital.
Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro
Libros de contabilidade da sociedade "Agrupación artística gallega", conservados en formato dixital:
Libro de balances de tesourería nº 1 dende o 01/11/1919 ata o 31/10/1931 (41 follas)
Libro de caixa de funcións teatrais de 1925 e 1926 (25 páxinas), que inclúe balance e liquidación da Función Teatral celebrada no Teatro Imperio o día 06/10/1923: dixitalizado incompleto
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica "La Baña y su Comarca", conservado en formato dixital:
Libro de actas dende o 05/07/1936 ata 12/1964: dixitalizadas 27 actas, ata o 19/03/1939 (43 páxinas)
La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica
Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do Cemiterio de Mañón, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada polo cura párroco de Mañón, Gerardo Mouzo Casal, informando das necesidades da parroquia e solicitando axuda económica (1925)
Circular enviada aos socios de A Habana pola Comisión organizadora Pro-Cemiterio en Mañón con motivo da construcción do cemiterio (05/03/1926)
Carta enviada polo Delegado da sociedade en Ortigueira, José Fernández Maseda, acerca da financiación do cemiterio (15/05/1926)
Carta enviada polo Secretario da sociedade, Francisco Seoane, ao Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad (16/05/1933)
Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, acerca dos doantes do cemiterio (29/05/1933)
Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, cun informe económico (16/08/1933)
Carta enviada polo comercial da empresa de mármores, bronces e granito, J. Pennino co orzamento (21/02/1934)