Correspondencia enviada pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:
Convite aos socios a celebrar o aniversario societario (01/07/1952)
Carta enviada ao Alcalde Municipal de A Habana para solicitarlle un permiso para a festa polo 44º aniversario societario (19/04/1954)
Carta da Comisión Organizadora dos Actos Conmemorativos polo 80º aniversario societario en agradecemento ao seu Presidente ó longo de 30 anos, Ramón Fernández Rodríguez (20/03/1990)
Correspondencia da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana durante os anos 1958-1995, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada aos socios recomendando a Manuela García (28/05/1958)
Carta enviada a Fernando Magariños Torres, Xefe da Sección de Asistencia Social do Instituto Español de Emigración do Ministerio de Traballo, para enviarlle unha enquisa (21/12/1967)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (06/04/1969)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (09/12/1969)
Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas, sobre a concesión da Medalla de ouro colectiva ao Mérito no Traballo outorgada polo Ministerio a proposta do Instituto Español de Emigración (12/03/1971)
Carta enviada ao Alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Aquilio Meizoso, en agradecemento pola axuda económica recibida para as obras de restauración do Panteón da sociedade (07/05/1995)
Recibos do pago da cota social para os socios do Círculo Habanero de la Devesa na Habana. Formato 1: Recibo a nome de Secundino Bolaño López, con data de 1 de xaneiro de 1930 Formato 2: Recibo sen cubrir con data de 1 de xaneiro de 1926
Fotografías da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez": banquetes, edificios, inauguracións, reunións, etc., conservadas en formato dixital.
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez