Carta asinada polo Secretario, Xosé Pérez Ríos, e o Presidente, Miguel Palomo López, do "Centro Gallego de Bruselas", enviada o 11/04/1991 ao Consello da Cultura Galega, en resposta á súa solicitude de información, remitindo documentación societaria, conservada en formato papel.
Documentación relativa ás actividades do grupo folclórico do "Centro Galego de Bruselas", conservada en formato papel:
Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (02-03/11/1979).
Folleto das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
Folla voandeira das actividades organizadas no "Día de Galicia na emigración" (05/04/1980) pola "Xunta de organizacións galegas de Europa" e o "Centro Galego de Bruselas".
Informe e programa do festival folclórico e cultural organizado con motivo do "Día da Festa Nacional e da Hispanidade" (10/10/1980).
Folla voandeira da actuación "Galicia baila en Bruselas" (08/12/1990).
2 recortes de prensa sobre a intermediación do Centro na elección da Catedral de Santiago para ser reproducida a escala en Bruxelas no marco de "Mini-Europe" (09/1988)
3 recortes de prensa relativos ao apoio do Centro ao Xacobeo '93, tendentes á promoción do Ano Santo e á revitalización do Camiño de Santiago (12/1990)
Ficheiro de Socias Remidas, que pola súa antigüedade como socias están eximidas de pago, da "Real sociedade espanhola de beneficência" (709 fichas), conservado en formato dixital.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.
Carta enviada pola sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega o 12/11/1998, para facerlle chegar información societaria e o seguinte material:
12 fotografías relativas á inauguración do edificio novo da "Sociedade Espanhola de Beneficência Hospital Espanhol"no ano 1967, conservadas en formato dixital.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia