Folleto con información sobre as entidades precedentes e o Centro Galicia, as súas sedes sociais e deportivas nese momento e a futura sede social (05/1988) (16 páxinas)
Folleto informativo sobre a institución, as actividades culturais e deportivas que desenvolve, as súas instalacións e o anuncio do primeiro centro educativo arxentino-galego (07/1992) (24 páxinas)
Folleto con información mutualista e o programa do Festival Anual de fin de curso de 1993 (28 páxinas)
Folletos informativos nos que se da a coñecer o Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstol", fruto da colaboración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires por medio da Fundación Galicia-América:
Tríptico coa descrición do centro, a proposta educativa, as actividades e os niveis educativos (1998)
Folla voandeira co aviso da nova inscrición e indicación de ensino oficial (2003)
Fotografías realizadas durante as actividades da sociedade "El Valle de Oro", conservadas en formato dixital: Xuntas Directivas, Presidentes, escolas, festivais, etc.
El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo
Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido": tomas de posesión, escolas, panteóns, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.
PLANOS de construción do edificio de recreo e das escolas financiado polos emigrantes naturais da Devesa en América. Os planos son enviados dende A Habana e están asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.