Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "La Unión Mañonesa" e o apoderado da sociedade na cidade de A Coruña, José Vidal Fernández, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/11/1926)
Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/09/1927)
Carta enviada polo apoderado cun informe económico (17/01/1928)
Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (13/09/1928)
Xustificante do Banco Pastor (02/03/1929)
Carta enviada polo apoderado cun informe económico (03/04/1929)
Carta enviada polo apoderado cun informe económico (04/05/1929)
Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (18/07/1929)
Carta enviada polo apoderado cun informe económico (10/09/1929)
Correspondencia varia recibida pola sociedade "La Unión Mañonesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada pola Comisión Organizadora para a Creación da Federación Ortegana ao Presidente da sociedade de instrución do Partido Xudicial de Ortigueira (17/05/1926)
Carta enviada polo Comisionado Xeral do Goberno de Cuba ao Presidente da sociedade con motivo da Exposición Iberoamericana de Sevilla (10/09/1927)
Carta enviada polo socio José Rubiños Berdeal ao Presidente da sociedade solicitando axuda económica (17/09/1927)
Carta enviada polo Brigadier do Exército Nacional da Comandancia Militar da Provincia de A Habana ao Secretario da sociedade cunha autorización (20/06/1933)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Beneficencia, Instrucción y Recreo Unión de Baleira", conservado en formato dixital e impreso:
Libro con 119 actas dende o 01/02/1951 ata o 12/07/1960 (284 páxinas)
Documentación relativa aos mestres das escolas promovidas pola sociedade "Liga Santaballesa", conservada en formato impreso: oposicións, solicitudes, nomeamentos, soldos, etc.
Libros de actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservados en formato dixital e impreso:
Libro con 290 actas dende o 01/05/1913 ata o 09/10/1937 (500 páxinas)
Libro con 226 actas dende o 30/11/1937 ata o 27/12/1956 (398 páxinas)
Libro con 95 actas dende o 29/01/1957 ata o 24/02/1965 (112 páxinas)
Libro con 192 actas dende o 29/03/1965 ata o 07/05/1981 (200 páxinas): dixitalizado incompleto
Libro de actas das reunións da sección de Propaganda da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital e impreso:
Libro con 54 actas dende o 01/09/1914 ata o 13/03/1926 (106 páxinas)
Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, relativa á Estrada de Ramil, mantida cos seus socios e coa:
Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida co Comité de Prensa da sociedade e coa:
Asociación de Prensa de Cuba
"Unión Nacionalista : diario político y de información general"
"Diario de información"
"Diario Español"
"El País"
"El Mundo"
"La Voz Española : revista gráfica y radio difusora hispano-americana"
Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 23/07/1928, conservada versión mecanografada en formato dixital e impreso e versión impresa en formato papel (orixinal).
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 29/12/1941, conservada versión impresa en formato papel (orixinal).
Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 03/03/1984, conservada versión mecanografada en formato papel (fotocopias tamaño A3).
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.