"Mortos porque Galicia viva" de Daniel Méndez
- ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-GaHoxe-05-02-01-01
- Unidade documental simple
- 1973
Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel.
Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego