Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.
En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 83 actas dende o 22/01/1912 ata o 22/08/1929
Folleto "Unha terra... un pobo... e unha fala : recital de poesías musicalizadas, complementado con aires populares y melódicos romances" editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo", coa participación de Cristina Fernández, no 106 aniversario social, conservado en formato papel.
Acta do 9 de xullo de 1917 coa toma de posesión da primeira xunta directiva da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal", que tivo lugar o 1 de xaneiro de 1917, conservada en formato dixital e impreso.
Texto mecanografado "Miradoiro : (guía poética de Galicia)" escrito por Daniel Pato Movilla en 1990 e adicado á "Casa de Galicia en Valladolid", conservado en formato papel.
Tarxeta social da Comisión de Visita a Enfermos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" co troquelado SBNG e o selo da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descend.", conservada en formato papel.