Folleto sobre a exposición de grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XIV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 4 de agosto de 1969.
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.
Estatutos de "Lar Gallego de Pamplona" publicados en xaneiro de 1987 e aprobados na Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o 23/11/1986, conservados en formato papel.
Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.
Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño do 19/10 ao 14/11 de 1990 na "Posada del Potro", editado pola Área de Cultura do Concello de Córdoba coa colaboración da "Casa de Galicia en Córdoba" (1990)
Programa do III Festival benéfico de habaneras organizado pola "Asociación de Damas de Nuestra Señora del Carmen" para o día 14/10/1976, conservado en formato papel.
Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.
Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.
Programa da 1ª mostra en Compostela celebrada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e co patrocinio da Fundación Sotelo Blanco, conservado en formato papel.
Programa da comedia en tres actos "Anacleto se divorcia" de P. Muñoz Seca e P. Pérez Fernández, interpretada polo grupo de teatro "El sofá del camión" da Irmandade A Nosa Galiza, o 02/06/2001, conservado en formato papel.