Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Regulamento social da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal" aprobado o 14/05/1924 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato dixital e impreso incompleto.
Regulamentos da sociedade "Club España de Newark", presentados á xunta xeral extraordinaria convocada a tal efecto o día 03/05/1987, conservados en formato papel (fotocopias).
Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Reforma do Regulamento de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira. Sociedad de Instrucción y Socorro" (20 páxinas) aprobada o día 29/02/1940, conservada en formato dixital e impreso.