Carta do Secretario Xeral da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina", Gerardo M. Díaz, dirixida ao Presidente da Sociedade Lalín, en outubro de 1950, para solicitarlles que fagan un requerimento ao goberno francés.
Carta do Presidente, Julio Lalín, e o Secretario, Antonio Castro, da "Asociación Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires", dirixida ao Presidente da Asociación "Hijos del Partido de Lalín" o día 08/01/1973 con respecto á fusión de ambas entidades.
Carta enviada pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires, auxiliar y de fomento de sociedades agrarias y culturales en el partido" a Manuel Sánchez Gresande, en contestación a unha petición previa.
Convite da Sociedade "Unión del Partido de Lalín" a participar nunha velada artística danzante o día 02/08/1947 no Salón Región Leonesa, que inclúe o programa de actividades.
Recorte de prensa de "El Debate", de xullo de 1936, onde aparece unha fotografía do centro escolar inaugurado e costeado por esta sociedade na súa parroquia natal.
Separata: Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio : un proxecto innovador da Sociedade Pro Escuelas en Bandeira / Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez en "Estudios Migratorios", número 4 (dec. 1997), pp. 117-143
Estatutos da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos" reformados o día 26/06/1948 e publicados en 1949, conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos
Contrato de arrendamento dun pazo entre o Concello de Salceda de Caselas e representantes da "Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entienza" do día 30/03/1933 para establecer escolas públicas e vivendas para mestres.
Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" do día 28/01/1912, conservada en formato dixital.
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez