Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, por Iolanda Díaz Gallego, Presidenta da asociación "O Penedo Fogar Galego", o 19 de febreiro de 1997, en resposta á súa solicitude de información mediante a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (3 páxinas), conservada en formato papel (fotocopia).
Díptico co programa de actividades organizadas pola "Agrupación Cultural Gallega Alborada" na XIII Festa galega celebrada en xullo de 2010 en honor a Santiago Apóstol, conservado en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola sociedade "Agrupación artística gallega" a petición do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega (2004) e emblema societario en color e en branco e negro, conservados en formato papel.
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.