Carta enviada aos consocios da Casa de Galicia de París o 27/01/1970, para convidalos á Asemblea Xeral do día 22 de febreiro na que, entre outros puntos, se elixirá unha comisión revisora de contas e os postos da xunta directiva vacantes, conservada en formato papel (fotocopia).
Folleto que recolle a disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente" de Fernando Bayardo Bengoa no acto organizado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no Parafinfo da Universidad de la República con motivo do Día das Letras Galegas de 1970.
Folleto sobre a exposición-homenaxe a Antón Crestar organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 5 e o 9 de novembro de 1990.
Folleto sobre a mostra de pinturas de Paul Rial organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 16 e o 28 de decembro de 1994.
Carta enviada por Juan Rodríguez Rial o 03/04/1918 anunciando a creación da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservada en formato papel (fotocopias).
Carta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 06/06/2002 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2002-2004, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago