Estatutos da Sociedad cultural recreativa Carballeira de 27/11/1980, con indicación de estar inscrita no "Registro Provincial de Asociaciones", conservados en formato papel (fotocopias).
Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos
Estatutos sociais da entidade aprobados en febreiro de 1951 e publicados en 1952 (15 páxinas) conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Estatutos de la Asociación de Puentedeume y su Partido Judicial, recreo y beneficencia, conservados en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Estatutos aprobados o 21/07/1944: dixitalizadas e impresas as páxinas 1-5 e 36-39.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).