Carta enviada o 26/11/1980 por Carlos Xohan Díaz, da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, á Presidencia do Congreso da fundación da FSGS, coa proposta de modificacións do borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), conservada en formato papel.
Estatutos da Sociedad cultural recreativa Carballeira de 27/11/1980, con indicación de estar inscrita no "Registro Provincial de Asociaciones", conservados en formato papel (fotocopias).
Folleto publicado en 2008 cos Estatutos da "Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos" aprobados o 04/09/1914 e reformados o 17/07/1918 con motivo da conmemoración do 80 aniversario da celebración dos primeiros exames na escola de "Sada y sus contornos" que tiveron lugar o 08/07/1928.
Sociedad de instrucción y apoyo Sada y sus contornos
Estatutos sociais da entidade aprobados en febreiro de 1951 e publicados en 1952 (15 páxinas) conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Estatutos de la Asociación de Puentedeume y su Partido Judicial, recreo y beneficencia, conservados en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
Estatutos aprobados o 21/07/1944: dixitalizadas e impresas as páxinas 1-5 e 36-39.
Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).