Acta-certificado da reunión realizada o 10/08/1956 entre representantes do Concello de Cerdido e membros da Xunta Directiva da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" sobre a cesión de edificios para escolas (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Acta da reunión dos doantes da subscrición de 1899 realizada polos emigrantes naturais da Devesa na illa de Cuba, realizada o día 12 de xaneiro de 1912 na que se aproba a cesión do fondo a entidade da Habana do fondo da subscrición. A asociación homónima creada na Devesa xestionará, segundo as indicacións da entidade habaneira, a construción dun edificio social e de recreo para os e as veciñas da parroquia. Constan as sinaturas de gran parte dos contribuíntes dese legado económico.
Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa» e unha Comisión integrada por representantes dos doantes, retornados xa na parroquia de Devesa (Ribadeo) para recoñecer a existencia da sociedade de instrución e recreo acabada de fundar na capital cubana e tamén acórdase que esta se ocuparía da xestión dos cartos recadados para comezar os trámites da construción dun edificio na parroquia natal. Documento datado o día 3 de xaneiro de 1912.