Carta enviada ao Presidente e membros da Comisión Directiva da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" por González Bayon, Secretario Xeral, e Jose Blanco Amor, Secretario, do "Comité Ibero Americano al Servicio de la Independencia Española" solicitando que se adhieran ao seu manifesto en favor da paz e pola retirada dos extranxeiros da contenda española, conservada en formato papel.
Fax enviado por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino Fernández Santiago, o día 28/09/1998 en contestación á súa solicitude de información.
Certificado do Secretario da "Sociedad Cultural y Benéfica Unión Barcalesa" ao respecto da cancelación da hipoteca dunha casa no barrio de Vedado (05/12/1949), conservado en formato dixital.
Carta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 15/05/2000 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2000-2002, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Carta do Presidente da Asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, enviada o 28/06/2007 ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, coa composición da directiva para o trienio 2007-2010, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Carta enviada pola Secretaria Xeral do Centro de Estudos Galegos, Madel Rosario Albán, ao Secretario do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 12/07/1991, para explicarlle o motivo polo que non respostaron á súa solicitude previa de información, conservada en formato papel.
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.