Fotografía tomada dunha postal que reproduce a fachada da Escola de Piñeiro da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", inaugurada o 19/03/1928, conservada en formato dixital.
Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.
Recortes de prensa publicados sobre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido", que inclúen fotografías de socios e de edificios propiedade de emigrantes de Cerdido, conservados en formato dixital e impreso.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 31 actas dende o 03/11/1907 ata o 15/01/1912.
Certificado do Secretario da "Sociedad Cultural y Benéfica Unión Barcalesa" ao respecto da cancelación da hipoteca dunha casa no barrio de Vedado (05/12/1949), conservado en formato dixital.