Folleto editado pola Casa de Galicia de Montevideo co programa cultural deseñado en celebración do 64º aniversario social para o día 23/10/1981, conservado en formato papel.
Volume que recolle a propaganda electoral e os membros dos diferentes consellos directivos da "Hermandad Gallega de Venezuela", conservado en formato dixital.
Programa de actos dunha xira celebrada pola sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" nos xardíns de La Tropical o día 06/09/1914 en honor dos seus socios protectores, conservado en formato dixital e impreso.