Ponencia que o "Centro Benéfico Social Fillos da Estrada" propón para o Consello de Comunidades Galegas a celebrar en Galicia en outubro de 1986, conservada en formato papel (fotocopias):
Documento mecanoscrito en papel timbrado e selado (8 páxinas)
Partitura musical "Ondiñas da nosa ría : rianxeira" (letra de Jesús Frieiro ; música de Ángel Romero), conservada en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.
Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.
Orzamento da "Asociación española de beneficencia de Costa Rica" do ano 1997, sometido a consideración da Xunta Directiva o día 26/11/1996, conservado en formato papel.
Recibo do pago da cota para os socios do Círculo Habanero de la Devesa en Galicia a nome de Carmen García de Maseda, datado o 1 de decembro de 1931. Conservado en formato papel e dixital.
Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.