Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria correspondente aos anos 1910-1912 de actividade da "Asociación iniciadora y protectora de la Real Academia Gallega", conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación iniciadora y protectora de la Real Academia Gallega
Memoria da sociedade "Progreso de Lousada", mecanoscrita polo director, Lázaro Seco y Alonso, correspondente ao bienio 1954-1956 (4 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Documentación presentada a consideración da Xunta da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservada en formato dixital e impreso: Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927.
Documentación presentada a consideración da Xunta da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservada en formato dixital e impreso: Memoria anual na Asemblea de socios do 22 de xaneiro de 1929 correspondente a 1928.
Manifesto sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia elaborado por "Lar Gallego" e a "Asociación Cultural Gallega O Pote", de Holanda (05/11/1980), conservado en formato papel.
Manifesto do "Fato pra unha Galiza ceibe e socialista" no que explican os motivos da súa constitución e os seus obxectivos e convidan a participar no mitin que se celebrará na Patinoire de Xenebra o día 30/04, conservado en formato papel.
Folleto que incorpora o Manifesto da "Junta Democrática de España" e invita a tomar parte nunha xornada para a fundación da "Junta Democrática Gallega", conservado en formato papel.