Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.
Recibo do pago da cota para os socios do Círculo Habanero de la Devesa en Galicia a nome de Carmen García de Maseda, datado o 1 de decembro de 1931. Conservado en formato papel e dixital.
Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965
Libro de caixa de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" dos anos 1948-1956, do que se dixitalizaron algúns exemplos (3 páxinas), conservados en formato dixital.
Recibo que certifica o pago da sociedade "Unión Trivesa" polo aluguer dunha vitrina ao "Centro Gallego de La Habana" (1961), conservado en formato dixital.
Relación nominal dos delegados residentes en Galicia da Comisión nomeada polo Centro Gallego da Habana para a xestión do legado do indiano Pedro Murias. Conservado en papel e dixital.
Recibo do pago da cota do Círculo Habanero de La Devesa como socio da Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, efectuado o 01 de xaneiro de 1960. Conservado en formato papel e dixital.