Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).
Modelo de nombramento como membro da Xunta Directiva de "Carballino y su partido, Sociedad de Instrucción y Protección", co emblema societario, conservado en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola sociedade "Agrupación artística gallega" a petición do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega (2004) e emblema societario en color e en branco e negro, conservados en formato papel.