Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego.
En 1968 a colectividade galega de Bos Aires organiza, aproveitando a celebración do Día Nacional de Galiza, os Xogos Florais do Idioma Galego. Constaban de 4 premios (“Rosalía”, “Pondal”, “Rañas” e “Cornide”), e foron organizados por Manuel Puente. O seu mantedor foi Xosé Luís Méndez Ferrín. Os principais poetas premiados foron Celso Emilio Ferreiro, Xosé Sesto López e Manuel María Fernández Teixeiro.
Folleto "Unha terra... un pobo... e unha fala : recital de poesías musicalizadas, complementado con aires populares y melódicos romances" editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo", coa participación de Cristina Fernández, no 106 aniversario social, conservado en formato papel.
Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.
Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "Galiza existe e resiste" de Xesús Ferro Ruibal publicado no número 13 da revista "Encrucillada".
Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "El Hospital de Caridad" de Alberto Reyes Thevenet publicado na memoria do Patronato do exercicio 1967/1968.
Separata: Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio : un proxecto innovador da Sociedade Pro Escuelas en Bandeira / Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez en "Estudios Migratorios", número 4 (dec. 1997), pp. 117-143