Carta enviada por Juan Rodríguez Rial o 03/04/1918 anunciando a creación da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservada en formato papel (fotocopias).
Carta enviada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, para informalo da composición da Comisión Directiva da institución no período 2009-2010, asinada polo Secretario, José Otero Méndez, e a Presidenta, Josefa Pérez Santiago.
"Estatutos Civiles del Centro Gallego de Avellaneda", do 27/12/1939, publicados en 1940 e conservados en formato papel (fotocopias), microfilme e dixital.
Primeira asamblea xeral de constitución dun "Centro Gallego" en Bos Aires do día 02/05/1907, conservada en formato papel (fotocopias) e en formato microfilme.
Eduardo García Chorén, do Subcomité de Cultura e Prensa, e José Martínez-Romero, Presidente, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta o 19 de novembro de 1996 ao Consello da Cultura Galega, facéndolle chegar un exemplar do boletín Irmáns.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina