Documentación presentada a consideración da Xunta da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservada en formato dixital e impreso: Memoria anual presentada na Asemblea de socios do 29 de xaneiro de 1928 correspondente a 1927.
Transcrición da acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio cívico. Contén o "Legado Pedro Murias".
Copia do documento de cesión das escolas do Círculo Habanero ao Concello de Ribadeo (A Devesa, 12 de novembro de 1928), conservada en formato dixital e impreso.
O Secretario, Horacio Pegito Lobato, e o Presidente, Marcial Sánchez González, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en decembro de 1998 ao Conselleiro da Cultura Galega, na que informan da nova constitución da xunta directiva e achegan un exemplar do boletín número 7 Irmáns adicado a Xosé Neira Vilas.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
Na "Carta orgánica" da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta un preámbulo, unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos federais do ano 1939.
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Na "Carta orgánica de la Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos aprobados na asamblea do día 14 de marzo de 1975.
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
O director da escuela da Carballeira, Manuel Gómez y Gómez, envía unha carta ao director do periódico "Opinión Gallega", Valeriano Saco, para remitirlle unha cuartilla sobre Nogueira de Ramuín e pedirlle a súa colaboración na constitución dunha bolsa de estudos.
1 carta (fotocopia)
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Fotocopias da comunicación presentada ás Xornadas Patrióticas Galegas, editadas pola Comisión Intersocietaria de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1952.
Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas
Copia notarial certificada do 17/06/1957 dos Estatutos da Asociación Centro Partido de Carballino na que se especifica que esta sociedade conta con personalidade xurídica