Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.
Certificado da "Dirección General de Rentas e Impuestos" do "Ministerio de Hacienda" de que a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Silleda, Sociedad de Beneficencia y Recreo" foi inspeccionada o día 26/07/1947 para comprobar o cumplimento da "Ley del Timbre", conservado en formato dixital.
Recibo do pago da cota do Círculo Habanero de La Devesa como socio da Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, efectuado o 01 de xaneiro de 1960. Conservado en formato papel e dixital.
Programa de actos dunha xira celebrada pola sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" nos xardíns de La Tropical o día 06/09/1914 en honor dos seus socios protectores, conservado en formato dixital e impreso.