Acta da reunión na que se decide a fusión das sociedades "Hijos del Ayuntamiento de Golada" e "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:
Transcrición da acta número 1 da sociedade “Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa (Ribadeo) do día 9 de outubro de 1911. Trata da financiación para construír un edificio cívico. Contén o "Legado Pedro Murias".
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.
A Secretaria, Gladys Raguet Orquín, e o Presidente, José Luis Sangiao Otero, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en febreiro de 2007 ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta, facéndolle chegar un exemplar do anuario Irmáns de 2006.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
O Secretario, Horacio Pegito Lobato, e o Presidente, Marcial Sánchez González, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en decembro de 1998 ao Conselleiro da Cultura Galega, na que informan da nova constitución da xunta directiva e achegan un exemplar do boletín número 7 Irmáns adicado a Xosé Neira Vilas.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
Eduardo García Chorén, do Subcomité de Cultura e Prensa, e José Martínez-Romero, Presidente, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta o 19 de novembro de 1996 ao Consello da Cultura Galega, facéndolle chegar un exemplar do boletín Irmáns.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
Carta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 15/05/2000 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2000-2002, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago