Esta revista societaria foi creada, inicialmente, como boletín interno do Centro Gallego co obxectivo de informar sobre as actividades do mesmo e servir de medio de comunicación entre os seus socios. Posteriormente, desde o número 6, cambia de editor e atende preferentemente a aspectos da realidade e da cultura galegas. Inclúe unha gran cantidade de colaboracións literarias (contos, lendas, poesías), recensións de libros e revistas, biografías de escritores galegos, artigos sobre música, arte, lingua, etc. e, en menor medida, traballos sobre outros aspectos da sociedade galega como pode ser a economía, o turismo, a gastronomía, entrevistas, etc. Contén tamén un noticiario cultural de Galicia e información sobre as actividades realizadas por GRUGALMA e outras agrupacións galegas existentes en Madrid.
Números conservados en formato papel da publicación editada polo Centro Gallego de Madrid:
1ª época:
1982: n. 1, 3-5