Revista societaria que, como din no seu editorial do nº. 2 recolle "o espírito da nosa antecesora "Saudade Xove", converténdose no voceiro social da entidade do mesmo nome. Foi creada para manter informados aos seus socios das diversas actividades culturais organizadas pola entidade e tamén aparecen noticias xerais sobre Galicia e Cataluña: "A vontade desta revista é sobre todo encher o tempo de lecer de aqueles lectores que a poidan ter nas súas mans. Intentaremos ofrecerlles en cada número temas de actualidade, con entrevistas a músicos, escritores, políticos que poidan aportar a súa opinión, artigos que nos acheguen temas de toda índole, historia, xeografía, literatura, turismo etc., para descubrir aspectos da realidade galega dos que ás veces non nos decatamos, e tamén estarán presentes as actividades que a nosa agrupación está a facer".
Números conservados en formato papel:
2002: n. 2
2004: n. 3
2005: n. 4
2006: n. 5
2008: n. 6 (XXV anos de historia)