Esta revista foi editada polo Centro Español y Repatriación de Santos con motivo do centenario fundacional da entidade, facendo un percorrido histórico polos principais logros da sociedade e sobre as actividades actuais que seguen a realizar.
Revista societaria editada pola entidade parroquial do seu nome. Conta con información para os socios tanto da marcha da sociedade como do seu interese; ademáis ten artigos sobre Arxentina e Galicia, temas culturais, textos literarios e poemas reproducidos de autores recoñecidos. Comezou chamándose "As 4 aldeas" (vid. ficha)
Este xornal é continuador da revista «A Nosa Galicia» e posteriormente cambia de novo de título, pasando a denominarse «Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza». Foi creada pola sociedade do mesmo nome para informar aos seus socios sobre as súas actividades e diversos temas de interese para a colectividade galega emigrada de Xenebra.
Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.
Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante"). Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.
Publicación societaria creada para informar aos socios da entidade editora das actividades realizadas pola sociedade. Conta tamén con noticias varias sobre o seu concello natal e de Galicia.
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva dos anos 1929-1931 e 1931-1936 Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios dos anos 1925-1929, 1930-1933 e 1934-1936
Conservada en formato microfilme:
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva dos anos 1931-1936 Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios dos anos 1925-1931, 1931-1933 e 1934-1936
Residentes del partido de Fonsagrada en Buenos Aires
Relación de socios contribuíntes na liquidación e arranxos do Panteón Social da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Abadín" de 1965 (2 páxinas), enviada ao Ministro do Interior, conservada en formato dixital.
"Reglamento General de la Sociedad de Instrucción, Recreo y Asistencia Sanitaria titulada Centro Gallego", publicado na Habana en 1887.
"Reglamento de discusiones y acuerdos de la Asamblea de Apoderados del Centro Gallego : año 1945", publicado na Habana en 1946.
Recollidos na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e conservados en formato papel:
Regulamento da Sección de Instrucción: aprobado en Xunta Xeral o 02/02/1904
Regulamento da Sección de Bellas Artes: aprobado en Xunta Xeral o 30/04/1915
Regulamento da Sección de Cultura: aprobado en Xunta Xeral o 08/08/1915
Regulamento da Sección de Fomento: aprobado en Xunta Xeral o 26/08/1915
Regulamento da Sección de Inmigración: aprobado en Xunta Xeral o 08/08/1915
Anteproxecto de Regulamento do Centro Galego: aprobado en Xunta Xeral o 08/12/1933
Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria